Actualízate

18 de Xuño de 2019Pontevedra

Importante ocupación da praia fluvial do Lérez no verán, a pesar do mal tempo

20 de Setembro de 2014

Rematado o período estival, o Concello de Pontevedra acaba de recibir o habitual informe realizado por Transgalaica, a empresa de socorristas que traballa no areal do Lérez durante os meses de xullo e agosto, así como parte de xuño e setembro.
No informe conclúese que a ocupación da praia foi menor que en anos pasados, dado que non acompañou o tempo durante os meses de vacacións. Sen embargo, os días que viñeron bos (de praia) o areal tivo unha ocupación moi elevada.
A estatística fíxose só tendo en conta os días bos (os de suficiente sol como para ser considerados días de praia), dado que houbo días de cero persoas (todos os de chuvia, por exemplo) e facer unha media suporía desvirtuar o uso da praia durante o verán.
Atendendo aos datos da empresa as afluencias medias por quincena foron as seguintes:

Franxa horaria/Quincena 2ª xuño 1ª xullo 2ª xullo 1ª agosto 2ª agosto
12.30-16.30 120 180 190 170 140
16.30-20.30 350 410 510 460 380

Outro dos cometidos do posto de socorrismo é a atención aos usuarios da praia. Neste verán producíronse as seguintes atencións:
• Feridas e hemorraxias leves: 32
• Picaduras de insectos (principalmente insectos): 102
• Estraccións de espiñas, cristais ou corpos estranos na pel: 12
• Golpe de calor: 3
• Outros: 16
Para que a praia estivese en perfecto estado de uso durante o verán, a Concellaría de Parques fixo diversas melloras na primavera en distintos servizos (baños, módulo de socorrismo...) e un mantemento diario durante todo o verán. A Concellaría manterá esta liña de actuación de cara ao vindeiro verán.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.06.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.09.2014 polo Concello de Pontevedra.