Actualízate

11 de Decembro de 2017Pontevedra

Comeza a instalación das Tablets, a nova iluminación do barrio de San Antoniño

10 de Febreiro de 2011

O barrio de San Antoniño cambiará nas próximas semanas toda a súa iluminación pública. Dende hoxe mesmo a empresa Setga está a traballar na instalación das novas luminarias do barrio, únicas en todo o municipio e, tamén, en toda Galicia. Comezou pola rúa Blanco Porto. A Concellaría de Medio Ambiente Urbano, xestionada por Raimundo González Carballo, decidiu empregar a tecnoloxía led para iluminar todo o barrio cun modelo moi urbano e contemporáneo de luminaria parecida a unha tableta táctil de teléfono móbil.

 

        Están previsto instalar 90 novos puntos de iluminación que terán un custe de  250.000 euros.

 

        As rúas que disporán desta nova iluminación son:

 

 

-         Rúa Lepanto

-         Rúa Xavier Puig Llamas

-         Rúa Xosé Millán

-         Rúa Víctor Cervera Mercadillo

-         Rúa Gonzalo Gallas

-         Rúa Xerardo Álvarez Limeses

-         Rúa Cobián Areal

-         Rúa Blanco Porto

-         Rúa Altamira

 

 

        A iluminación actual do barrio de San Antoniño caracterízase polo uso de lámpadas de sodio e luminarias contaminantes, xerando unha iluminación monocromática, mortecina, con moita luz intrusa, e pouco eficiente. A mala calidade da luz, a corrosión dos materiais e a falta de deseño  dos aparatos non axudan a mellorar a estética urbana.

 

        O barrio de San Antoniño, a pesar de estar no centro da cidade, non dispón dunha iluminación acorde coas novas tecnoloxías e criterios ecolóxicos cos que traballa o Concello. Na actualidade o 90% das rúas da cidade contan cunha iluminación de última xeración que ofrece vantaxes de tipo enerxéticas, económicas, de seguridade e de embelecemento urbano.  

 

        A nova iluminación do barrio de San Antoniño está fabricada con leds de alto rendemento, capaz de  producir máis luz por Watio consumido (ata 130 lúmenes por watio consumido). A utilización de lentes específicos permiten dirixir a luz  con precisión na area a iluminar evitando a luz intrusa e contaminación lumínica. Na iluminación LED a ausencia de radiación infravermella e ultravioleta garanten a calidade da luz.

 

        A nova luminaria, denominada Tablet, está formada por peche de vidro tépedo, disipador superior e marco envolvente en aliaxe de aluminio extrusionado e anodizado.

 

        A columna ten unha altura de ata 9 metros, e está formada por fuste cilíndrico de aceiro inoxidable, e 1 ou 2 brazos regulables para suxeitar a luminaria.

 

        As luminarias que vaian ancoradas en fachada teñen un soporte regulable de ata 1.5 metros de lonxitude. Está fabricado integramente en aceiro inoxidable composto por brazo (con rexistro para caixa de conexión e fonte de alimentación) e ancoraxe para luminaria Tablet regulable 0-15º.

 

 

     As vantaxes da tecnoloxía led

 

        O sistema electrónico e óptico está aillado dentro dunha atmosfera inerte (gas argón) que evita problemas de condensación e garante a estabilidade e duración de todos os compoñentes, ata 80.000 horas.

 

        Tamén presenta unha alta resistencia a vibracións e impactos pola súa estrutura sólida e por non dispoñer de elementos internos móbiles. Conta con sistemas electrónicos de protección contra funcionamentos anómalos e altas temperaturas; e ten unha elevada redución nos custes en mantemento e substitución de luminarias.

 

 

     Adapta a luz ao espazo

 

        Dispón dun sistema óptico, composto por lentes de alto rendemento, totalmente configurable que permite adaptar a iluminación á situación na que se emprace a luminaria. 

 

        Ten luz de maior calidade. A escala cromática dos leds pódese adecuar á luz natural.

 

        Ten maior rapidez de resposta. acendido instantáneo.

 

 

 

 

 

       

        Luz ecolóxica

 

        A iluminación LED considérase ecolóxica por non conter mercurio, non producir raios UVA ou irradiacións infravermellas.

 

        O emprego de lámpadas máis eficientes diminúe as emisións de gases de efecto invernadoiro.

 

        O deseño da luminaria limita o resplandor luminoso nocturno ou a contaminación lumínica.

 

        A súa correcta distribución e instalación reduce a luz intrusa ou molesta.

 

 

     Xestión integral

 

        Control de nivel: redución do nivel luminoso a un valor prefixado.

 

        Control 0-10V: permite regular o nivel luminoso de forma continua para adaptarse ás necesidades do emprazamento.

 

        Control DALI: sistema de regulación dixital que permite o control total da luminaria. Ademais de variar o fluxo luminoso pódese coñecer en todo momento o estado da luminaria e a configuración da mesma. 

 

 

 

     Telexestión

 

        A luminaria TABLET pódese integrar dentro dun sistema de telexestión intelixente. De esta forma é posible regular en todo momento a iluminación en función de distintos parámetros como por exemplo, a data e a hora, presencia de usuarios na vía, luminosidade existente…

 

        A xestión intelixente das luminarias TABLET permite aumentar a eficiencia da iluminación pública ademais de facilitar o mantemento da mesma. 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 11.12.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 10.02.2011 polo Concello de Pontevedra.