Actualízate

11 de Decembro de 2017Pontevedra

San Antoniño disporá de nova tecnoloxía led para a iluminación pública

27 de Decembro de 2010

O barrio de San Antoniño poderá dispor dunha tecnoloxía novidosa, ecolóxica e eficiente única en todo o concello, e das poucas instaladas no Estado español. No mes de xaneiro a Concellaría de Medio Ambiente Urbano, que xestiona Raimundo González Carballo comezará a instalar da tecnoloxía led en nove rúas do barrio de San Antoniño: Lepanto, Xavier Puig Llamas, Xosé Millán, Víctor Cervera Mercadillo, Gonzalo Gallas, Xerardo Álvarez Limeses, Cobián Areal e Blanco Porto. Esta obras forma parte do proxecto de  Aforro, eficiencia enerxética, disminución da contaminación lumínica e seguridade vial na iluminación pública de Pontevedra.

 

        A iluminación actual do barrio de San Antoniño caracterízase polo uso de lámpadas de sodio e luminarias contaminantes, xenerando unha iluminación monocromatica, mortecina, con moita luz intrusa e pouco eficiente. Ademais, a mala calidade da luz, a corrosión dos materiais e a falta de diseño dos aparatos non axudan a mellorar a estetica urbana.

 

        Polo contrario, a tecnoloxía fabricada con leds é de alto rendemento, capaz de  producir máis luz por Watio consumido (ata 130 lúmenes por watio consumido). A utilización de lentes específicos permiten dirixir a luz con precisión na area a iluminar evitando a luz intrusa e contaminación lúminica, e a ausencia de radiación infravermella e ultravioleta garanten a calidade da luz.

       

        Entre as vantaxes da tecnoloxía led atópase o maior vida útil das lámpadas. O sistema electrónico e optico aislado dentro dunha atmosfera inerte (gas argón) evita problemas de condensación e garantiza a estabilidade e duración de todos os compoñentes. Ten unha alta resistencia a vibracións e impactos pola súa estructura sólida e por non dispoñer de elementos internos móbiles. Dispón de sistemas electrónicos de protección contra  funcionamentos anómalos, e altas temperaturas.  Tamén hai unha reducción nos costes en mantemento e reemplazo de luminarias.

 

        A tecnoloxía Led dispón dun sistema óptico composto por lentes de alto rendemento, totalmente configurable que permite adaptar a iluminación á ubicación na que se emprace a luminaria. Tamén ten luz de maior calidade; a escala cromática dos LEDs pódese adecuar á luz natural; maior rapidez de resposta e encendido instantáneo. 
 


 

         A iluminación LED considérase ecolóxica por non conter mercurio, non producir raios UVA ou irradiacións infravermellas. O emprego de lámpadas máis eficientes disminúe as emisións de gases de efecto invernadero. O deseño da luminaria limita o resplandor luminoso nocturno ou a contaminación lumínica. A súa correcta distribución e instalación reduce a luz intrusa ou molesta.

 

         Instalaránse columnas de 9 metros con dous brazos regulables para iluminar a calzada e a beirarrúa. Estarán formadas por  peche de vidrio templado serigrafiado. Disipador superior e marco envolvente en aleación de aluminio extrusionado e anodizado.

 

Tamén se instalarán soportes regulables de fachada ata 1,5 metros de lonxitude. Estará integramente fabricado en aceiro inoxidable composto por brazo (con rexistro para caixa de conexión e fonte de alimentación) e anclaxe para luminaria TABLET regulable 0-15º.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 11.12.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 10.12.2010 polo Concello de Pontevedra.