Actualízate

18 de Agosto de 2019Pontevedra

Homenaxe a concelleiros e persoal do Concello represaliados pola ditadura franquista

28 de Novembro de 2014

O Teatro Principal acolle hoxe a homenaxe solemne aos concelleiros e traballadores do concello que foron represaliados pola Ditadura franquista. Será a partir das 20.30 horas, aberto ao todo o público que queira asistir, e no acto participará unha representación do persoal do Concello, representantes das familias represaliadas, a banda de música de Pontevedra, o historiador Xosé Álvarez Castro e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Trátase de dar cumprimento a un acordo plenario aprobado no mes de setembro e que establecía o seguinte mandato:

  • 1. Expresar a condena do levantamento militar fascista de xullo de 1936 e de todos os actos antidemocráticos posteriores, entre eles a destitución da corporación municipal e a depuración do persoal funcionario do concello.
  • 2. Expresar a repulsa e rexeitamento da persecución política e de todas as formas de represión que sufriron os veciños e veciñas de Pontevedra: asasinatos, encarceramentos, torturas, malleiras, humillacións, rapados, violacións, sancións económicas, depuracións, represión psiocolóxica e moral, etc.
  • 3. Celebrar un acto de restitución simbólica e homenaxe aos membros da corporación e funcionarios represaliados como consecuencia do levantamento fascista de xullo de 1936.

Segundo os datos das investigacións de Xosé Álvarez Castro e a partir do estudo das actas dos Plenos, a depuración do persoal produciuse durante máis de 10 anos, entre 1036 e 1946, e afectou a máis de 40 traballadores e traballadoras do Concello, que foron perseguidos polas súas ideas democráticas e republicanas.
Os casos máis dramáticos foron os do auxiliar da oficina de augas Juan Milleiro Sampedro; o músico da banda municipal, Raimundo Rodríguez Neira; e o subcabo da policía municipal Dionisio González Pérez, que foron asasinados polos fascistas.
Tamén foron perseguidos con saña moitos membros da corporación, que sufriron cárcere, exilio, multas, acoso e asasinatos. O alcade de Pontevedra, Bibiano Fernández Osorio Tafall viuse obrigado a exilarse; o alcalde accidental Manuel García Filgueira estivo agochado 13 anos, até o 20 de xullo de 1949, e depois foi encarcerado; o concelleiro Manuel Gama Casalderrey foi perseguido, procesado e encarcerado (foi condenado a morte, pena conmutada posteriormente por prisión); o concelleiro Manuel Sanmartín Moreira viuse obrigado a fuxir a Arxentina; ao concelleiro Manuel Lorán Montes impúxolle unha multa de 50.000 ptas e posterior embargo de bens pola súa actuación política; o concelleiro José Acuña Gallego foi detido e asasinado en Ponte Sampaio o 24 de agosto de 1936; o concelleiro Alberto Martínez Tíscar foi asasinado en Bueu e fondeado na ría de Pontevedra o 6 de setembro de 1936.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 27.11.2014 polo Concello de Pontevedra.