Actualízate

18 de Agosto de 2019Pontevedra

Hefesto 2014 rematará coa celebración do Día internacional da discapacidade

26 de Novembro de 2014

A Concellería de Benestar Social Municipal dirixida por Carme Fouces, a través da programación da Casazul, remata o vindeiro 3 de decembro, Día internacional da discapacidade a segunda edición do Programa Hefesto. Será a través dun festival a partir das 20.00 horas no Teatro Principal, no que participarán todas as asociacións vinculadas a este programa: Amizade, Down-Pontevedra Xuntos, Juan XXIII, Alba Amencer Aspace, Aspace-Galicia e a Asociación de persoas xordas de Pontevedra.
Este ano o Hefesto 2014  “colonizou” o eido do deporte en Pontevedra, colándose na Pontenoite 5+5, polo que a Concellaría de Benestar quere agradecer o seu apoio a Agustín Fernández, concelleiro de Deportes e Educación, e ao persoal técnico do IMD.
Tamén se levou a cabo a I Marcha sobre rodas organizada por Aspace-Galicia.
Con estas accións anteriores elaborouse un audiovisual, ao igual que no ano anterior, que se presentará no festival do Día internacional da discapacidade. O documental subirase a Youtube o luns 8 de decembro ás 9.00 horas da mañá xa que recompilará imaxes dos momentos máis importantes do Teatro Principal.
Hefesto 2014 caracterízase por dar voz ás persoas con discapacidade, aumentando a súa presenza na sociedade e isto será un dos aspectos máis importantes para seguir abundando no Hefesto 2015.
Este programa está apoiado polas entidades pontevedresas que traballan pola discapacidade: Amizade, Down-Pontevedra Xuntos, Juan XXIII, Alba Amencer Aspace, Aspace-Galicia e a Asociación de persoas xordas de Pontevedra.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 27.11.2014 polo Concello de Pontevedra.