Actualízate

20 de Agosto de 2019Pontevedra

O Concello inicia o expediente para a venda do aparcadoiro soterrado dos “Mirabeles”

31 de Maio de 2011
O soto está destinado a aparcamento público, pero nunca chegou a entrar en funcionamento dende a súa adquisición polo Concello en 1999 por un prezo de 100 millóns das desaparecidas pesetas. A infraestrutura está situada no complexo residencial “Los Mirabeles”, construído no seu día sobre o solar da que foi prisión provincial da Parda despois dun convenio entre o Concello e a Sociedade Estatal de Infraestruturas Penitenciarias.
Margarita Castejón inicia este expediente despois de constatar a existencia de interese pola adquisición deste ben municipal. Ata o de agora non se tiña producido ese interese da iniciativa privada. O prezo de saída será dun mínimo de 647.993,85 euros mais IVE, de acordo coa valoración realizada polos técnicos municipais, e que se corresponde co que se calcula sería o custo de construción, a día de hoxe, sen instalacións.
O aparcadoiro ten unha superficie de 3.775 metros cadrados e alberga ao redor de 100 prazas. Sen embargo, está sen acondicionar para a súa entrada en funcionamento polo que será necesario dotalo das necesarias instalacións. As condicións da súa explotación, para uso rotatorio, aluguer ou mesmo venda das prazas, quedarán moi abertas.
Margarita Castejón anuncia que o expediente continuará agora coa redacción dos pregos de cláusulas administrativas e prescripcións técnicas, publicación dos anuncios para presentación de ofertas nos diarios oficiais, prazo correspondente e, finalmente, valoración conforme aos criterios fixados nos pregos e, finalmente, adxudicación.
Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 01.06.2011 polo Concello de Pontevedra.