Actualízate

24 de Marzo de 2019Pontevedra

A Policía Local entregou os premios dos concursos de Educación Viaria

03 de Maio de 2011

A Concellaría de Protección Cidadá e a Policía Local organizou esta mañá o acto de peche da Campaña de Educación Vial 2010/2011 coincidindo co remate das clases teóricas. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, o concelleiro de Protección Cidadá, Demetrio Gómez e o xefe da Policía Local, Daniel Macenlle entre outras autoridades presidiron este acto.

Neste acto entregáronse os premios dos concursos realizados durante a campaña, polo que están convidados todos os centros que participan. Os concursos pretenden impulsar e fomentar a educación viaria e premiar aos mellores traballos en calquera dos ámbitos da seguridade viaria. Os concursos foron os seguintes:

·              Concurso de redacción de cartas (gañadores dunha bicicleta)

o    Mateo Rodríguez Carballo do CEIP Manuel Vidal Portela

o   Cristina Cousido Vidal das Doroteas

o   Marta Hermida Amil do CEIP Campolongo

o   Inés Otero Gómez polo CEIP Praceres

o   Ana Cespón Balboa polo CEIP Froebel

·              Concurso de redacción de mensaxes SMS no Nadal (gañadores dun MP4)

o   Jesús Acuña Seoane do CEIP Pontesampaio

o   Anxo Otero González do CEIP Pontesampaio

o   Mario Villaverde Mora do CEIP Xunqueira II

o   Carlos Fernández Carrera do CEIP Vilaverde

o   Fátima García García do CEIP Vilaverde

 

As clases prácticas

Rematada toda a parte teórica da Campaña de Educación Viaria, os educadores comezan mañá, 3 de maio, as sesións prácticas no Parque infantil de Tráfico de Mollavao. Nestas prácticas participarán arredor de 700 escolares de 5º de Primaria, de 22 centros do municipio. As actividades desenvolveránse durante os meses de maio e xuño. Na primeira sesión participarán nos alumnos do colexio Froebel entre as 9.30 e as 12.30 horas.

Os alumnos repartiranse en grupos: un realizará a práctica como peóns transitando polas beirarrúas, realizando  cruces de vías polos lugares sinalizados, respectando a sinalización. Outro grupo estará circulando pola pista coas bicicletas, respectando a sinalización, horizontal, vertical e semafórica. E o último realizará prácticas como conductor de karts respectando a mesma sinalización. Os grupos iran rotando para que todos pasen polos diferentes actividades.

Daranse as explicacións necesarias controlando o desenvolvemento da práctica, correxindo os erros dos escolares, e realizando sinais de axentes de tráfico.

O obxectivo destas prácticas é formar os menores en materia de seguridade viaria; previr os accidentes de tráfico; dar a coñecer situacións de risco; concienciar os menores na necesidade de utilizar elementos de seguridade; acercar os menores actitudes cívicas e de convivencia; fomentar o respecto e a solidariedade; dar a coñecer as consecuencias dos actos irresponsables; aprender a desprazarse con seguridade.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 24.03.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 04.05.2011 polo Concello de Pontevedra.