Actualízate

26 de Maio de 2019Pontevedra

Éxito da programación de Ponteverán 2014 coa participación de 1.700 mozos

13 de Setembro de 2014

O Concello de Pontevedra pechará esta fin de semana as actividades de Ponteverán coas III Xornadas de Taiji que se celebrarán no Teatro Principal, na rúa e tamén no Pavillón municipal. A espera de incorporar estes últimos datos, o Ponteverán 2014 resultou un éxito atendendo ás cifras de asistencia xa que foron case 1.700 mozos de entre 8 e 35 anos que optaron por unha actividade de Ponteverán, organizado pola Concellaría de Xuventude que dirixe Demetrio Gómez, como lecer ou formación este pasado verán.
A maior parte dos cursos, obradoiros, campamentos tiveron as plazas completas, e incluso, nalgúns casos con lista de agarda. Só algunhas actividades non cubriron todas as prazas, e só unha houbo que suspendela por falta de inscricións.
A actividade que máis participación tivo foi o festival Apadriña un Jam 5.0 que contabilizou arredor de 1.000 persoas participando do campionato de basket 3x3, skate, graffitti e breakdance nas pistas de Campolongo. Fixéronse 100 torneos de baket, 55 de skate, 10 de graffitti e participou un público con idades comprendidas entre os 17 e os 45 anos, aos que habería que engadir das dúas de persoas que asistiron como público a este evento. O Apadriña un Jam é unha actividade singular dentro do Ponteverán concebida como un festival, unha actividade que anima a participar a toda a poboación que o desexe.
O V Torneo de fútbol 7 tivo unha inscrición de 195 mozos e mozas. Fixéronse 30 equipos (18 equipos de 14 a 15 anos, 5 cadetes, 7 xuvenís e 6 senior). Realizáronse 45 partidos de 25 minutos cada un ao longo de dúas xornadas. Neste campionato, tanto de Ponteverán como en Noites Abertas, as mozas van abríndose oco e animándose a inscribir e participar.
Ademais destas dúas propostas, a maior parte das actividades de Ponteverán completaron as plazas ofertas, e nalgúns casos, quedaron persoas en lista de agarda.
O Obradoiro de xogos populares completou as 20 prazas de nenos entre 8 e 12 anos. Eran xogos populares e tradicionais e aproveitando os elementos e espazos naturais. Xogos deportivos ao aire libre, xogos de presentación, populares, torneos, billarda, obradoiro de instrumentos vexetais, de construción de artiluxos flotantes, rutas, praia fluvial e festa final. Desenvolveuse en xullo no Pazo da Cultura e na Illa das Esculturas. A valoración dos asistentes (e das súas familias) foi moi boa chegando a considerar que o tempo fora moi curto.
O Obradoiro de arte tamén cubriu as 20 prazas que ofertaba. Eran actividades de artes plásticas coa temática da arte contemporánea como elemento socializador e que posibilita a expresión e a creación.
O Obradoiro de lecer crítico tamén cubriu as 40 prazas para nenos entre 8 e 12 anos. Abordaba a tecnoloxía, cociña, medioambiente e filosofía, con compoñentes transversais de igualdade, creatividade, innovación e espíritu crítico: diálogos socráticos, obradoiros de cociña, visita ao mercado de abastos, obradoiro de consumo responsábel, mini-horto urbano, obradoiro de alimentación consciente...
Ao respecto do Campamento de tempo libre "Sustinea" no Xurés tamén completou as 40 prazas nas dúas quendas de 8 días de duración con obradoiros, excursións, actividades deportivas, predeportivas, ambientais e etnográficas... Nesta actividade quedaron fora 14 rapaces. A participación fíxose por sorteo.
As tres Aulas de Natureza que se ofertaron tamén completaron as 60 prazas de xullo e agosto para nenos entre 8 e 12 anos.

Os cursos
Os cursos tamén tiveron un grande éxito de público. O curso de informática cubriu as 36 prazas que se ofertaban. Os cursos de iniciación ao piragüismo en Ponte Sampaio tamén cubriron as 36 prazas; o curso de iniciación á escalada organizada polo Club de Montañeiros tamén cubriu as 12 prazas que ofertaba; e o Fotorreteiros (obradoiro de fotografía) recibiu a 13 mozos (un máis da oferta). Foi un curso de fotografía pero ao aire libre. Roteiros polos paseos fluviais da cidade así como ao parque de Lourizán, onde se realizaron as sesións teórico-prácticas sobre fotografía dun xeito lúdico e ao aire libre.
O obradoiro de galletas surfeiras e o de talla de sandía tamén completaron a súa inscrición, 10 de 10 en cada caso.
A actividade de Observación astronómica en Aguasantas superou a inscrición. Ofertábanse 55 prazas e asistiron 59 persoas.

Máis obradoiros
Outra das propostas foron o Obradoiro musical realizado no Local de Música asistiron 15 rapaces de entre 12 e 14 anos (as prazas eran 20). Nesta actividade cambiáronse as idades de inscrición ao respecto do pasado ano e tivo un efecto moi positivo.
Tamén se ofertou un Coro Moderno no Local de Música, no que había 30 prazas e anotáronse 37 persoas. Trátase dunha actividade que se iniciou en Noites Abertas e as persoas que se van incorporando a este programa reúnense incluso fóra das convocatorias municipais, o que apunta a que nun futuro próximo Pontevedera podería ter un Coro moderno.
As rutas en Kaiak de mar pola ría ofertaban 30 prazas e cubríronse 29. A primeira de iniciación (15 prazas), pola ría de Vigo, en colaboración co Club de piragüismo de Vilaboa chegarou a haber até 16 persoas en lista de agarda. Sen embargo, a segunda (ruta avanzada pola ría de Aldán) tamén se cubriu aínda que máis lentamente, o que reflexa que a demanda se atopa nas rutas de iniciación.
A Xornada de orientación tivo unha participación de 65 persoas (a convocatoria non aceptaba a máis de 100 persoas). Fíxose pola Illa das Esculturas e estivo organizada pola Club de Montañeiros que tivo unha grande acollida polos participantes.
A estadía Multiaventura: ruta da auga e da pedra tivo unha inscrición de 9 persoas, e ofertábanse 15 prazas.
A escursión ao Skate praza de Coruña ofertaba 55 prazas e só houbo unha inscrición de 10 persoas. En realidade foron moitas máis persoas as que se achegaron até Coruña para gozar da actividade, pero a maior parte eran maiores de idade e trasladáronse á cidade herculina nos seus propios vehículos.
A única actividade que tivo que ser suspendida por falta de inscricións suficiente foi a Ruta en patíns. A organización de Ponteverán xa estuda nunha nova orientación desta actividade.

En total foron 1.696 persoas as que se inscribiron nas actividades do Ponteverán 2014, das 1.900 prazas que oferta. A organización considera un éxito de asistencia xa que se cubriron o 89% das prazas, e xa está a traballar na vindeira edición facendo un análise dos resultados e achegando solucións aos puntos febles.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 26.05.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 15.09.2014 polo Concello de Pontevedra.