Actualízate

21 de Abril de 2019Pontevedra

O mes de agosto deixou bos índices turísticos

01 de Setembro de 2011
A concelleira de Turismo, Carlota Román, destaca que na cidade houbo moita xente e que o crecemento sobre o ano pasado así o demostra. A aposta pola Vuelta Ciclista a España, engade, foi un factor adicional que contribuíu a mellorar os índices de ocupación hoteleira. Na súa opinión, é tamén importante o dato de que por primeira vez os turistas aloxados en Pontevedra superaron aos procedentes doutros destinos moi consolidados, como Sanxenxo. Finalmente, a concelleira está moi satisfeita cos resultados de www.visit-pontevedra.com, que se consolida cada vez máis como a referencia da cidade na Internet e ofrece poderosas ferramentas para atraer turismo á cidade.
O turismo nacional segue sendo o principal mercado, cun 87,8% da cota, mentres que o turismo internacional chega ao 12% do total. Non obstante, destaca tamén o dato de que 3.500 veciños da cidade de Pontevedra pasaron polos tres puntos a facer algún tipo de consulta ou recoller o programa das festas da Peregrina e do Verán 2011. Os pontevedreses non se contabilizan na estatística municipal.
Os principais turistas estranxeiros son o portugués, que aumentou o número de visitantes respecto do mes anterior, cun 21% da cota do total e o turista francés, que acadou case o 15%. O turista italiano tamén aumentou o número de visitantes e quedou en terceiro lugar cunha cota do 12%, mentres que os turistas británicos e alemáns acadaron o 10% e 8% respectivamente.
Dentro do turismo nacional, destaca Madrid cun 21% da cota de visitantes, seguido dos andaluces, con case o 16% e os cataláns e valenciáns co 15,5% e 11% respectivamente.
Por primeira vez, o principal lugar de aloxamento no mes de agosto foi a cidade de Pontevedra, cun 23% dos turistas. Por detrás aparecen Sanxenxo, que acadou o 22% dos turistas e xa mais lonxe outras zonas como O Morrazo, O Salnés, Santiago de Compostela e O Grove-A Toxa. O 75% dos turistas estaban aloxados en hoteis.
Os turistas entre 31 e 45 anos, e 46 e 60 anos ocupan os primeiros postos no rango de idade, cun 30% e 27% do total. A maior parte destes turistas viñan cos fillos. As parellas mozas, de entre 19 e 30 anos, son o 22% do total e os turistas de mais de 60 anos, acadan o 9% da cota.
O 59% dos turistas chegaron co seu propio automóbil. Os que chegan en autocar chegaron ao 23%. Viaxaron en avión un 11%.
O principal motivo para achegarse a Pontevedra son as recomendacións por guías ou Internet, aínda que este motivo pode xuntarse con outros como gozar da natureza e o patrimonio ou a gastronomía.
Case o 88% dos visitantes non coñecían aínda a cidade de Pontevedra, se ben, estes turistas quedaron moi sorprendidos co Centro Histórico e moitos deles teñen pensado volver a visitarnos. O 12% dos turistas repite visita.
No apartado referido ás visitas guiadas polo Centro Histórico as estatísticas reflicten un total de 609 participantes. Predominan os madrileños, cun 23%; seguidos dos turistas procedentes de Cataluña (13%) e Andalucía (12%). Non só turistas nacionais participaron nelas, tamén houbo preto dun 9% de participación de turistas internacionais, a maior parte deles, arxentinos. Un 8% dos participantes das visitas guiadas eran da propia comunidade galega.
Por outra banda, destacou o importante incremento experimentado durante os meses de xullo e agosto no portal web www.visit-pontevedra.com. Nestes dous meses recibíronse preto de 18.000 visitas. Os datos indican que as entradas producíronse dende 79 países de todo o mundo. Isto supón un aumento do 60% respecto os meses anteriores e consolida a liña de crecemento que está a experimentar a web municipal.
Finalmente, segundo os datos facilitados pola Asociación de Hoteis de Pontevedra, a ocupación hoteleira do mes de agosto foi dun 74,5%, unha cifra practicamente idéntica a do ano pasado e que contrasta cos descensos que se teñen producido noutras zonas de Galicia.
Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 21.04.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 01.09.2011 polo Concello de Pontevedra.