Actualízate

17 de Agosto de 2019Pontevedra

Esta semana comezarán as obras da avenida da Estación

12 de Xaneiro de 2015

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá os proxectos de mellora do desdobramento da avenida de Vigo, que comezarán a executarse esta mesma semana. Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo, o total destas melloras ascende a 1.160.563,34 euros e os proxectos tiveron que ser presentados pola empresa adxudicataria tal e como indicaban os pregos de adxudicación.

As melloras incluídas no desdobramento da avenida de Vigo son as seguintes:

  • Tratamento de parte da avenida de Vigo: 565.266 euros
  • Carril segregado do Nó do Pino: 45.274 euros
  • Pasos elevados: 6.498 euros
  • Reforma da avenida da Estación: 304.411 euros
  • Reforma da rúa Luís Seoane: 87.920 euros
  • Acondicionamento do camiño que une a avenida de Vigo coa avenida da Estación: 68.694 euros
  • Completar a senda do Gafos: 59.094 euros

O portavoz do Goberno informou que esta semana está previsto iniciar os traballos na avenida da Estación onde se fará unha rotonda e se reforma a rúa entre a avenida de Vigo e a estación de autobuses. A continuación acometerase a Senda do Gafos e o camiño que une a avenida de Vigo coa avenida da Estación.

Raimundo González explicou que "estas melloras redundan na transformación que o Goberno está acometendo nos barrios sur da cidade".

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 17.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 12.01.2015 polo Concello de Pontevedra.