Actualízate

19 de Abril de 2019Pontevedra

Especial seguimento para o corte de auga previsto para o vindeiro luns pola noite

20 de Novembro de 2014

A Concellaría do Ciclo da Auga mantén un seguimento especial para a posta en marcha da ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potábel (ETAP) situada na parroquia de Lérez e do novo depósito, que se conectará á rede xeral na noite do luns, 24 de novembro e na madrugada do martes, 25 de novembro. A petición foi cursada hoxe por Acuaes que está a realizar o proxecto de novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría, logo de aprazar onte a decisión de facer este corte esta mesma noite.
A posta en marcha da nova ETAP causará a interrupción do servizo de auga potábel entre as 23.00 horas do vindeiro luns e as 08.00 horas do martes. A continuación, a empresa concesionaria terá que reanudar o servizo dando presión e ir purgando as tubaxes progresivamente, polo que o servizo podería estar totalmente restablecido ao mediodía.
O Concello e a empresa concesionaria tratarán de restablecer o servizo o máis axiña posible, aínda que se trata dunha operación complexa.
A afección no Concello de Pontevedra será no leste da cidade. O punto de corte será a vía do tren polo que se verán afectados os barrios de Monte Porreiro, toda a zona leste con Loureiro Crespo até a estación, a avenida da Estación, a avenida de Vigo dende Fernández Ladreda, e tamén toda a zona de San Brais, en Salcedo.
Como xa se informou tamén lle afectará aos concellos de Marín, Bueu, Poio e Sanxenxo.
A pesar de que o groso da cidade non se ve afectado por este corte, o concelleiro Raimundo González fai un chamamento aos veciños que si disporán de servizo para que fagan un consumo mesurado durante as horas do corte e tamén durante a resposición do servizo.
As zonas afectadas polo corte son as seguintes:
• Zona de A Parda: Rúa Alfredo Brañas, Rúa As Devesas, Rúa Camposanto, Avda. Conde Bugallal, Rúa Estación, Rúa das Pereiras, Rúa dos Montes, Rúa Entrevias, Rúa Otero Pedrallo, Rúa Porta Grande, Rúa Parda, Rúa Poza Da Barcia, Rúa Pedra do Lagarto.

• Zona Avda. de Lugo: Rúa Angel Amor Ruibal, Rúa Castañal, Rúa Ciriña, Rúa Costado (A Seca), Rúa das Fragas, Praza das Regas, Avda. de Lugo, Rúa dos Campos, Rúa Ernesto Caballero, Rúa Faustino Santalices, Rúa Forcarei, Rúa Gaiteiro de Soutelo, Grupo Salgueiriños, Rúa do Maré, Rúa Mestre Soutullo, Rúa Ramón Cabanillas, Rúa Rodriguez Seoane, Rúa Santa Margarita, Estrada Valdecorvos, Rúa Villaverde, Camiño da Seca, Camiño da Vila, Rúa Paloma, Rúa do Outeiro, Rúa Reguiña.


• Zona Avda de Vigo: Rúa Bibiano Fernandez, Rúa Pintor Manuel Colmeiro, Rúa Herminia Fariña Cobian, Rúa Pintor Virxilio Blanco, Rúa Pintor Urbano Lugris, Rúa Pintor Luis Seoane, Avda. de Vigo.
• 

Zona Juan Carlos I: Rúa Abundancia, Rúa Alcalde Garcia Filgueira, Rúa Carrasqueira, Rúa Gaiteiro Ricardo Portela, Avda. Juan Carlos I, Rúa Lagares, Rúa A Estrada, Rúa Loureiro Crespo, Rúa Losada Dieguez, Pintor Laxeiro, Rúa Rafael Dieste, Rúa San Mauro, Rúa dos Soutos, Rúa Sta.Teresa de Jesús Jornet, Rúa Francisco Tomas y Valiente, Plaza Fermín Bouza Brey, Rúa Diego Sarmiento Acuña, Rúa Pintora Maruxa Mallo.


• Zona Monte Porreiro: Rúa das Viñas, Rúa Meixueiro, Rúa Montecelo, Casas Novas, Aldea Laxiñas, Rúa de Francia, Rúa de Dinamarca, Rúa de Holanda, Rúa de Portugal, Rúa de Italia, Rúa de Suecia, Rúa de Grecia, Rúa de Reino Unido, Rúa de Cornubia, Rúa de Escocia, Rúa de Armorica, Rúa de Cambria, Rúa Eirín, Rúa de Alemania, Rúa de Belxica, Rúa de Luxemburgo, Rúa de Irlanda

Zona O Marco: Rúa do Marco, Carretera Po-542.

Zona San Blas: Rúa San Blas, Estrada Corredoira Espiño, Rúa Santa Lucia, Rúa A Corva.


• Suministro en alta a os concellos de Marín, Poio, Sanxenxo e Bueu.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.04.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.11.2014 polo Concello de Pontevedra.