Actualízate

15 de Xullo de 2019Pontevedra

Ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais

08 de Setembro de 2011
O Instituto Municipal de Deportes pon a disposición das entidades deportivas do concello recursos económicos e infraestruturas necesarias para iniciar aos nenos entre 4 e 14 anos en distintas modalidades deportivas como parte da súa educación integral.
O prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais para os interesados ábrese o próximo luns, día 12, e péchase no momento en que se cubran as prazas. A actividade comezará o luns, 3 de outubro.
Os rapaces interesados poderán escoller entre unha ampla oferta deportiva. Son 16 as disciplinas deportivas: Atletismo, Educación Física de Base, Baloncesto, Balonmán, Fútbol, Fútbol Sala, Judo, Ximnasia Artística e Trampolín, Ximnasia Rítmica e Acrobática, Tenis, Tenis de Mesa, Loita olímpica, Voleibol, Xadrez, Triatlón e Rugby. Este ano ofrécese Tríatlon como novidade.
A organización das Escolas corre a cargo de 28 asociacións deportivas do noso Concello, especialistas cada unha delas na modalidade deportiva que desenvolven:

Baloncesto
Estudiantes
Baloncesto Base Pontevedra
Arxil

Atletismo e educación física de base Sociedade Gimnástica

Fútbol masculino A. Juvenil de Lérez
Fundación Pontetec
Portero 2000
Salgueiriños
S.C.D. Salcedo
S.D. Monte Porreiro

Ximnasia artística
Treboada
Ximnasia Pontevedra

Ximnasia rítmica
Treboada
Ximnasia Pontevedra
Vagalume
Rías Baixas

Judo
Judo Club Pontevedra

Tenis
Club de Tenis de Pontevedra

Tenis de Mesa
C. Tenis de Mesa Monte Porreiro

Balonmán
Teucro
Cisne

Fútbol sala mascul./fem.
Leis 26
C.CC. Act. Física e Deporte
CDAR Xeve

Rugbi
C. Mareantes Rugby Club
Pontevedra

Loita
Loita Pontevedra

Voleibol
C. Voleibol Pontevedra

Triatlón
Fed. Galega de Triatlón

Xadrez
Escola Xadrez Pontevedra


Ofértanse 2.000 prazas en todas as modalidades e o prezo de inscrición é de 45 euros/anuais por neno en cada unha das escolas que participe. As oficinas do Instituto Municipal de Deportes, situadas no Pavillón Municipal, ofrecen máis información (horario de 9 a 13 horas ou de 16.30 a 20.00 horas, de luns a venres) ou tamén se pode obter chamando aos teléfonos 986 87 20 13.
Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 15.07.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.09.2011 polo Concello de Pontevedra.