Actualízate

28 de Maio de 2018Pontevedra

Entregados os premios aos gañadores da campaña de apoio ao comercio local “Neste Nadal, mergúllate con nós”

19 de Febreiro de 2015

A Casa da Luz acolleu hoxe a entrega das compras realizadas polos gañadores na campaña “Neste Nadal, mergúllate con nós”, que a Asociación de Pequenos e Medianos Empresarios (Aempe) organiza co apoio económico do Concello de Pontevedra.

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, estivo á fronte do acto, acompañada dos directivos de Aempe, Conchi Pereiro, “Sesi” Filgueira e Diana Pastoriza. A concelleira destacou a importancia das medidas de apoio ao comercio local nun momento en que está a sufrir moito por mor da acumulación dos efectos da crise económica e recalcou as numerosas accións de colaboración co Concello.

Á entrega de premios acudiron o gañador do primeiro premio (1.000 euros), Rubén García, xunto cos representantes dos premiados co segundo premio (500 euros), Celia Couto, e o terceiro premio (300 euros), Arturo Rial.

Os produtos entregados hoxe foron adquiridos polos tres principais gañadores, pero, ademais, repartíronse 87 vales de compra. Os vales ían dos 50 euros aos 1.000 euros. Os gañadores tiveron que empregalos nos establecementos asociados a Aempe en compras non inferiores a 30 euros nin superiores a 200.

Uns 300 comercios participaron nesta campaña, que se desenvolveu ata o pasado 16 de xaneiro.

Aempe ten asinado un convenio coa Concellería de Promoción Económica polo que recibe un total de 16.000 euros para accións de impulso ao comercio local, publicidade e organización ou participación en feiras e exposicións.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 28.05.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.02.2015 polo Concello de Pontevedra.