Actualízate

22 de Agosto de 2019Pontevedra

Comezan os cursos de educación viaria para embarazadas

24 de Xuño de 2011

 A Policía Local continúa o seu curso de Educación viaria. Neste caso as charlas van dirixidas a embarazadas en período de preparación ao parto, xa que da súa seguridade depende tamén a saúde e benestar do bebé. As primeiras xornadas comezan o luns, 27 de xuño, a partir das 10.30 horas no salón de actos do centro de saúde da Parda.

 

O obxecto deste curso é instruír e formar en Educación viaria ás embarazadas, co fin de dotalos de estratexias e recursos persoais en beneficio de súa seguridade e do pequeno que aínda non naceu.

 

A Policía Local lembra que cando se está embarazada, é máis complicado a hora de conducir; e a seguridade é unha das cousas máis importantes que debemos ter en conta, non só pola vida da nai senón pola vida do pequeno que aínda non naceu.

 

No caso dun accidente de tráfico ou dun freado brusco, un adulto tende a ser impulsado para diante, de modo que podemos facer dano ao pequeno se nos dobramos. Neste caso, comprimimos o ventre producindo lesións que poden ser moi graves.

 

O uso do cinto é o máis importante e non o debemos deixar para o último momento. Actualmente existen cintos especiais para embarazadas para que non sufran danos.

 

As embarazadas cánsanse máis, polo que as viaxes longas hai que planificalas para descansar a miúdo. E por suposto deixar un espazo maior entre o volante e o asento, para non estar pegados. Ademais, nunca debemos desactivar o airbag xa que reducirá o dano en caso de colisión.

 

As estatísticas alertan que dous de cada tres nenos viaxan sen cumprir as normas de seguridade. As cadeiras e o cinto de seguridade son elementos clave para protexer aos bebés nos desprazamentos. Non débenos esquecer que os nenos -e aínda máis nos bebés- son os pasaxeiros máis vulnerables en calquera medio de trasporte, por todo elo temos que protexelos con aqueles elementos de seguridade adaptados o seu peso e talla.

 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 24.06.2011 polo Concello de Pontevedra.