Actualízate

23 de Outubro de 2018Pontevedra

El Cafetín, Cáncamo, Central Terraza, Loaira e PTV gañadores no concurso de tapas e cócteles

16 de Decembro de 2014

A sétima edición de PontedeTapas xa é historia. Despois de 42.600 tapas vendidas e un gran impacto sobre o turismo e a hostalería local durante as case dúas semanas da festa gastronómica que marca o comezo do decembro pontevedrés, a gala final puxo o peche.

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, presidiu onte unha gala, celebrada no auditorio de Afundación, que serviu para constatar o “nivelazo” (en palabras do presidente do xurado: o chef Javier Olleros) alcanzado polos 45 locais que participaron no concurso.

El Cafetín (tapa creativa), Cáncamo Mariscos (tapa tradicional) e Terraza Central (cóctel) foron os tres gañadores dos premios do xurado. Con eles estiveron tamén os establecementos finalistas: Envero e Tábula Rasa, en creativa; Cre-Cotté e Dejavi Tapería, en tradicional; e, finalmente, PTV e Marilyn en cócteles. Os gañadores participarán na Gala Provincial da Hostalería que está a preparar a Federación Provincial de Hostaleiros.

O xurado profesional estivo encabezado por Javier Olleros, chef do Culler de Pau (O Grove), e contou tamén coa participación de Inés Abril, chef do Maruja Limón (Vigo) e participante no programa televisivo Top Chef, e Marco Varela, chef profesional, mellor cociñeiro de Galicia 2011 e finalista en Madrid no concurso internacional Bocouse D'Or e do concurso de cociñeiro do ano. Con eles estivo tamén Diego Mosquera, barman profesional e vicepresidente da Asociación Galega de Barmans, e Ruben Riós, actor e director de cine.

Subiron tamén ao estrado os gañadores da votación do público: Loaira, Casa Verdún e Taberna Zentola, en tapas; e PTV, en cócteles.

Todos eles recibiron os diplomas acreditativos de mans de Carlota Román e de distintos representantes das asociacións empresariais da cidade.

Finalmente, entregáronse os premios aos clientes agraciados durante o sorteo celebrado o pasado sábado. O primeiro premio consistiu unha viaxe a Roma para dúas persoas e tres días. A gañadora foi a moza pontevedresa Noemy Ekpo-ekuerre Méndez.

O resto dos premios consistiron en cheques de compra no comercio local e na praza de Abastos. A relación de gañadores é a seguinte:

Cheque-comercio de 500 euros: Belén Rial, de Ames.

Cheque-comercio de 400 euros: Serafín Fernández Vázquez, de Pontevedra.

Cheque-comercio de 300 euros: Raquel González Justo, de Pontevedra.

Cheque-comercio de 200 euros: Juan Mejuto, de Pontevedra.

Cheque-Plaza de Abastos de 200 euros: Diego Sepúlveda, de Pontevedra.

Cheque-Plaza de Abastos de 200 euros: Beatriz Castellano, de Pontevedra.

Cheque-Plaza de Abastos de 200 euros: Isaac Freire Carballal, de Pontevedra.

Cheque-comercio de 150 euros: Adrián González Méndez, de Sanxenxo.

Cheque-comercio de 100 euros: Ana García Gestoso, de Pontevedra.

Cheque-comercio de 100 euros: Francisco Javier Osorio, de Pontevedra.

Cheque-comercio de 100 euros: Paula Estévez, de Ourense.

Cheque-comercio de 100 euros: María Cristina Costas Pajariño, de Pontevedra.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 23.10.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.12.2014 polo Concello de Pontevedra.