Actualízate

18 de Febreiro de 2019Pontevedra

A Casa do Concello sométese a un estudo de eficiencia enerxética vinculado á súa rehabilitación

28 de Xullo de 2011

O Concello de Pontevedra está a colaborar no proxecto Reedifgal (Rehabilitación Enerxética de Edificios en Galicia) que está a executar o Instituto Tecnolóxico de Galicia coa financiación da Xunta de Galicia. O proxecto pretende coñecer as necesidades óptimas para a rehabilitación de edificios públicos dende o punto de vista da eficiencia enerxética.

 

A Concellaría de Réxime Interior, que xestiona Vicente García Legísima, acordou adscribirse a este convenio (totalmente gratuíto para o Concello) para valorar o edificio da Casa Consistorial da praza de España, que será proximamente rehabilitado, e tamén o edificio da rúa Churruchaos, onde se atopan os servizos técnicos municipais. As conclusións deste estudo serán incorporadas ao proxecto de rehabilitación da Casa Consistorial, e determinarán as condicións de traballo (dende o punto de vista da eficiencia enerxética) no edificio de Churruchaos e se será necesario introducir algunha modificación.

 

Os técnicos que están a realizar o estudo estiveron esta mesma semana nos dous edificios do Concello de Pontevedra e instalaron sensores térmicos que miden temperatura, humidade e niveis de CO2. Estes sensores estarán instalados durante varios días para detectar as temperaturas do verán, e volverán a instalarse no inverno, para fixar as condicións do edificio nas mínimas do inverno.

 

Paralelamente, os técnicos distribuíron un cuestionario entre o persoal do Concello que traballa nestes dous edificios para obter información sobre as costumes dos usuarios diarios do edificio (apagado e acendido da iluminación, de ordenadores, calefacción…).

 

O proxecto Reedifgal pretende unha definición de directrices óptimas de rehabilitación de edificios, por medio de medicións en edificios públicos característicos en toda a xeografía galega, con  unha posterior modelización dos edificios actuais coas costumes dos seus ocupantes, comparándoo cun edificio futuro de novas solucións construtivas, coa finalidade de minimizar os consumos enerxéticos asociados ao mesmo incidindo por un lado na redución da demanda enerxética do edificio, con actuacións sobre a envolvente térmica e instalacións do edificio, garantindo en todo momento o confort térmico e a calidade do aire interior.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.07.2011 polo Concello de Pontevedra.