Actualízate

26 de Xuño de 2019Pontevedra

O operativo especial de tráfico pola Volta Ciclista a España comeza o luns co valado das rúas

26 de Agosto de 2011

A Policía Local de Pontevedra organizou un operativo especial de tráfico con motivo da chegada da Volta Ciclista a España á capital do Lérez. Segundo explicou onte pola mañá o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle a Volta ciclista pasará dúas veces pola cidade: un paso e unha chegada.

O paso será sobre as 16.00 horas e virá dende a zona do Pino pasando por Fernández Ladreda cara Raíña Vitoria, Alameda e saída cara Poio pola ponte da Barca. Neste paso será preciso pechar o percorrido ao tráfico minutos antes do paso da volta. Estará sinalizado previamente coa chegada da Garda Civil, e as rúas volverán a abrirse ao tráfico tras o paso dos corredores. Non estará prohibido o estacionamento, pero os vehículos estacionados no percorrido non poderán moverse durante o paso da volta. Tanto peóns como vehículos non poderán cruzar durante este tempo.

A chegada

O segundo paso é a chegada da Volta, que será na avenida de Lugo. A hora estimada pola organización é as 17.24 horas que se poderá ampliar ata ás 17.50 horas.  A comitiva pasará pola avenida de Compostela, Bos Aires, José Malvar e Loureiro Crespo e Avenida de Lugo.

O dispositivo de tráfico neste ámbito é moito máis esixente e a Policía traballou en todo momento con dúas premisas: manter o mellor servizo a todos os veciños e usuarios da zona pola que pasará a Volta, e tamén satisfacer as necesidades da organización. Ante esta situación plantexouse un plan de traballo que comezará o vindeiro luns coa colocación de valados e sinalización en toda a ruta de chegada á cidade.

Día 29

Dende ás 08.00 horas comezarase a instalación de valados de sinalización de prohibido o estacionamento no ámbito de José Malvar, Loureiro Crespo e Avenida de Lugo, especialmente entre o tramo comprendido entre a rotonda de San Amaro e Juan Carlos I.

Día 31

08.00 prohibido estacionar na avenida de Lugo, entre as rotondas de San Amaro e Juan Carlos I.

Ás 15.00 horas prohibido estacionamento en Loureiro Crespo e Valdecorvos (está previsto para o aparcamento de vehículos da organización)

Dende as 21.00 horas pecharase ao tráfico a tramo comprendido entre as rotondas de San Amaro e Juan Carlos I. E tamén na rúa Ciriñas.

Dende as 22.00 horas dese mesmo día prohibirase o estacionamento en Rodríguez Seoane, Estrada e Juan Carlos I.

Día 1

Ás 07.00 horas prohibirase o estacionamento en José Malvar. Á mesma hora está previsto o peche ao tráfico de dous carrís de Juan Carlos I que se usarán como estacionamento de vehículos pesados da organización.

Ás 15.00 horas pecharase ao tráfico as rúas Rodríguez Seoane e Estrada que servirán como vía de evacuación dos turismos que acompañan aos ciclistas durante a ruta.

Ás 17.00 horas pecharase ao tráfico a rúa José Malvar e Loureiro Crespo.

Estas decisións obrigarán a que os vehículos procedentes de Monte Porreiro, Bos Aires e a Seca teñan que saír da cidade pola avenida de Lugo, que manterá operativa unha parte da rotonda de enlace con Loureiro Crespo, e dous carriles de tráfico en Juan Carlos I, mentras a chegada á meta, xa que unha vez que estea liberada José Malvar abrirase ao tráfico.

A zona do Castañal terá saída pola urbanización de Valdecorvos, pero non terá acceso a garaxes ata o remate da proba.

A Policía Local pon a disposición dos usuarios e veciños un equipo de información ao cidadán sobre calquera situación particular. Poden chamar ao 86 83 30 80 para aclarar calquera das dúbidas que se lle presenten.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 26.06.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 26.08.2011 polo Concello de Pontevedra.