Actualízate

22 de Agosto de 2019Pontevedra

De visita no Monte Tomba no programa Natureza nos camiños

31 de Outubro de 2013

A quinta saída do programa Natureza nos Camiños, que organiza a Concellaría de Parques que dirixe Anxos Riveiro, buscará a pegada do raposo e do lobo no Monte Tomba.
Trátase dun percorrido de 7,7 quilómetros de dificultade media-alta, polo monte Tomba.
A saída está prevista dende a Casa do Concello, para ir cara a Ponte das Correntes e coñecer o Enil da Xunqueira de Alba. Seguirase polo Camiño Portugués, Pontecabras, O Freixo e Monte Tomba. Na Caeira poderase visitar os petroglifos e retornar a Pontevedra pola ponte da Barca e rematar no mesmo punto de partida.
Todos os percorridos deste programa serán os domingos á mañá, a partir das 10.00 horas dende a praza de España, con regreso ás 14.00 horas para aqueles que sexan dunha mañá; e ás 18.00 horas para os que sexan de día completo.
O fío condutor do programa deste ano serán os liques, fentos e brións, aínda que non faltarán as referencias a outros elementos da fauna e da flora dos bosques e doutros espazos naturais que se van visitar, xunto á interpretación de elementos da nosa historia, da literatura e da etnografía galegas.
Este ano combínanse as rutas que máis gustaron en edicións anteriores, con certas modificacións, xunto con novos percorridos por espazos practicamente descoñecidos para o gran público.
O resto das rutas serán:
• Ermelo: A estela de Diego Xelmírez (7,4 km. aprox. Dificultade media-alta).
• Fragas do Eume, a última gran carballeira litoral do Atlántico.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 06.11.2013 polo Concello de Pontevedra.