Actualízate

17 de Agosto de 2019Pontevedra

“Cyrano” no primeiro Concerto en familia, este domingo, no Principal

11 de Outubro de 2013

O Teatro Principal acolle este domingo, 13 de outubro, o primeiro dos Concertos en familia programados pola Concellaría de Cultura, que dirixe Anxos Riveiro. En colaboración coa  Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, neste proxecto que chega este ano á súa cuarta edición, contos e historias (non sempre para nenos/as pero si adaptadas a eles) cobran vida para facer gozar ás familias e especialmente ao complicado público infantil.
O primeiro concerto é “Cyrano” ás 18:30 horas no Teatro Principal. A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra coa colaboración do actor Alfonso Rivera e a posta en escena de Eufasio Lucena (ambos profesores da Escola Superior de Arte Dramática), darán vida a este conto musicado baseado no drama “Cyrano de Bergerac”, de Edmond Rostand.
En clave de humor e tenrura, a historia ten como protagonista a un home que tiña un nariz enorme e estaba namorado da súa curmá Roxana, mais non se atrevía a lle dicir nada porque se sentía moi feo. Christian era un mozo moi bonito que tamén estaba namorado de Roxana, pero tampouco se atrevía a lle dicir nada porque era moi parvo. Cyrano, que tamén era poeta, axudou a Christian a que declarara o seu amor a Roxana. Christian morreu na guerra e Roxana choroulle durante toda a súa vida, ata que descubriu, pouco antes da morte de Cyrano, que el era o seu verdadeiro amor.
As próximas convocatorias dos Concertos en familia serán os días 20 e 27 de outubro datas nos que nenos e pais poderán gozar xuntos dunha ópera e un concerto para bebés. Estas dúas seguintes interpretacións terán como escenario o Pazo da Cultura. Haberá unha única sesión por espectáculo ás 18:30 horas, a excepción do concerto para bebés de Paulo Lameiro, que ao ter aforo máis limitado, contará ademais con dúas sesións matinais ás 11:00 e ás 12:30 horas.
As entradas estarán á venda en www.servinova.com e 902 504 500 a un prezo de 5€ (3 € para menores, estudantes, parados e xubilados) e na billeteira do Teatro Principal (1h. antes) ou do Pazo da Cultura (2h. antes) do inicio do espectáculo no caso de non esgotarse. O concerto para bebés, con aforo limitado a 70 prazas, venderase únicamente en pack de 1 adulto + 1 bebé a un prezo de 12€.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 17.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 15.10.2013 polo Concello de Pontevedra.