Actualízate

22 de Xullo de 2019Pontevedra

Curso de informática básica en colaboración con Amizade

14 de Febreiro de 2014

A Concellería de Benestar Social Municipal do Concello de Pontevedra, a través da programación da Casazul, levará a cabo un curso de informática básica en colaboración coa Asociación Amizade, o próximo martes, 18 de febreiro, dirixido a persoas con discapacidade en inclusión, sendo o seu obxectivo o de incrementar as posibilidades de acceso ao mercado de traballo a través da mellora na súa formación.
Ante un mercado laboral en continua evolución e desenvolvemento tecnolóxico faise cada vez máis necesaria a formación en novas tecnoloxías da comunicación e información. E esta necesidade faise aínda máis patente no caso das persoas con discapacidade, que adoitan ter un menor nivel educativo.
Amizade ten por obxecto acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, resultando imprescindible a actuación no ámbito sociolaboral, co obxecto de incrementar o seu grao de empregabilidade e mellorar as súas habilidades sociais, formativas, persoais e comunicativas.
Programa Senior
O curso terá unha duración de 84 horas impartidas entre os meses de febreiro e decembro. O horario será os martes e xoves de 09:00 a 11:00 e os módulos a impartir son: Windows XP, Internet, Word e Excel.
Por outro lado, a Casazul acolle dende esta semana un curso de iniciación á informática dentro do seu programa Senior, dirixido a veciños ou veciñas maiores de 65 anos ou xubilados/as.
O curso impártese 0 a 13.00 cunha cuota de participación de balde. 

 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.07.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.02.2014 polo Concello de Pontevedra.