Actualízate

20 de Setembro de 2018Pontevedra

Curso de formación para os 50 alumnos que participarán no Club de Debate 2015

09 de Xaneiro de 2015

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza mañá un curso de habilidades comunicativas para os mozos e mozas participantes na nova edición do Club de Debate de Pontevedra.
A xornada desenvolverase no Pazo da Cultura, desde as 10.30 ata as 13.30 horas. Está dirixida aos 50 integrantes dos 5 equipos, na meirande parte estudantes de 1º de bacharelato e 4º de ESO. Na xornada de formación farase unha preparación de habilidades comunicativas para falar en público. Abordarán o fenómeno da comunicación, a modulación da voz (ton, intensidade, ritmo), a ordenación do discurso, a escoita, a comunicación non verbal , a linguaxe. Tamén traballarán a complexidade da comunicación grupal.
Nesta edición os 5 equipos participantes serán os seguintes:
• IES A Xunqueira 1 (10 alumnos/as)
• IES Luís Seoane (10 alumnos/as)
• IES Valle Inclán (10 alumnos/as)
• IES Ponte Caldelas (10 alumnos/as)
• IES do Carballiño (10 alumnos/as)
O Club de Debate fomenta o uso da lingua galega e o desenvolvemento das habilidades comunicativas e a oratoria do alumnado; tamén traballa o proceso de documentación sobre os temas obxecto de debate. Ademais, esta actividade fomenta o pensamento crítico, a tolerancia fronte á diversidade de opinións e o traballo en equipo.
Este proxecto, naceu ao abeiro das recomendacións do Plan Xeral de Normalización Lingüística para un dos sectores que considera estratéxico: a mocidade e recolle a responsablidade que o Plan lle atribúe á Administración local no seu cumprimento. Formúlase con base no obxectivo xeral de impulsar o uso da lingua galega cunha visión moderna, afable e útil desta e reforzando a súa estima. Procura activar o uso oral do idioma en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia entre os participantes durante todo o desenvolvemento da actividade).

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.09.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 09.01.2015 polo Concello de Pontevedra.