Actualízate

17 de Agosto de 2019Pontevedra

Unión Fenosa garante a Antón Louro a estabilización do subministro eléctrico tras a cadea de avarías do mércores

29 de Xullo de 2011
Antón Louro agradeceu a transparencia da compañía subministradora e o compromiso de que non se producirán novos cortes despois do forte impacto do pasado mércores, cando un total de 11.500 aboados chegaron a quedar sen servizo por un tempo que oscilou, segundo as zonas, entre os tres minutos e case dúas horas.
Gas Natural-Unión Fenosa remitiu ao Concello un informe no que detalla as tres incidencias producidas, das que as dúas primeiras tiveron lugar na subestación de Lourizán e a terceira no transformador do Estadio da Xuventude.
Ás 18.52 horas produciuse a desconexión do circuíto de media tensión número 9 da subestación de Lourizán que alimenta a 4.000 clientes do centro urbano de Pontevedra. A metade dos mesmos repuxéronse en menos de tres minutos despois de que se realizasen manobras telecontroladas desde o Centro de Operación de Rede. Os outros 2.000 clientes, repartidos por parte das rúas Salvador Moreno, Ramón Pena, Palamios, Raíña Vitoria, Michelena e Gutierrez Mellado quedaron con servizo en 50 minutos tras a actuación das brigadas de operación local. A causa da avaría foi un fallo nun cable soterrado.
Ás 19.30 produciuse a desconexión do circuíto de media tensión número 8A da subestación de Lourizán, que alimenta a 4.900 clientes situados na Avda. de Marín, Avda. Uruguai, Alameda e parte do casco antigo da cidade. Logo de realizar manobras desde o centro de operación e coas brigadas de operación local, en 15 minutos repuxéronse 4.100 clientes. Os últimos 800 clientes, na parte final de Avda. do Uruguai, Praza do Peirao e o Parador de turismo repuxéronse ás 20.00 horas. Do mesmo xeito que a avaría anterior, produciuse un fallo nun cable soterrado.
Ás 20.15 produciuse un terceiro fallo. Desta volta foi un curtocircuíto nunha cela de protección do centro de transformación de Estadio da Xuventude. Debido ao mesmo quedan sen subministración 2.600 clientes repartidos pola zona das prazas de García Escudero e Méndez Núnez, rúas Cruz Vermella, Padre Gaite, etcétera. Logo da actuación dos bombeiros de Pontevedra accedeuse ao centro de transformación e realizáronse as reparacións oportunas no mesmo para repoñer a subministración, cousa que se conseguiu ás 22.00 horas. É neste transformador, onde haberá que facer traballos adicionais para completar definitivamente a reparación a partir das 7 da mañá do próximo luns.
Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 17.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 29.07.2011 polo Concello de Pontevedra.