O Concello de Pontevedra traballa con cifras de "resistencia" no tocante aos accidentes de tráfico. Así se desprende da memoria da Policía Local de 2012, presentada esta mañá pola concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva e polo intendente principal, Daniel Macenlle.
Durante o pasado ano a Policía Local realizou 20 campañas de seguranza viaria e consolidación do modelo de cidade para favorecer os usos de necesidade fronte aos usos de comodidade. As medidas de calmado de tráfico de 30 km/h permitiu manter cifras como 143 feridos sen asistencia hospitalaria (leves) e 21 con asistencia hospitalaria. Os accidentes de ciclomotores e motocicletas foron 82, con 7 feridos que tiveron asistencia hospitalaria.
A memoria revela o incremento da bicicleta como medio de transporte na cidade. Rexistrou 14 feridos con unha única asistencia sanitaria. Os atropelos descenderon de 50 en 2011 a 27 en 2012.
Entre outras moitas máis actuacións, durante 2012, a Policía Local realizou 65 operativos especiais; autorizou a 1.710 ocupacións de vías públicas; atendeu 26.256 chamadas.
No eido da seguridade, participou en 337 accións por distintos tipos de delitos (especialmente contra a seguridade do tráfico); tramitaron 181 denuncias administrativas por seguridade cidadá e 89 por alteración da orde na vía pública.
O Concello de Pontevedra celebra hoxe o patrón dos Bombeiros, San Juan de Dios, cunha tradicional recepción e convite no parque de
A Policía Local de Pontevedra organizou un operativo especial de tráfico con motivo da chegada da Volta Ciclista a
Un operativo especial da Policía deixará os arredores da praza de San Roque listos para a
O alcalde e a concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva visitaron esta mañá o parque de bombeiros de
A Policía Local continúa o seu curso de Educación viaria. Neste caso as charlas van dirixidas a embarazadas
A Concellaría de Protección Cidadá e a Policía Local organizou esta mañá o acto de peche da Campaña de Educación
Hoxe é 22.05.2013 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 22.05.2013 polo Concello de Pontevedra.