Actualízate

22 de Novembro de 2017Pontevedra

Comezan os faladoiros de Ruralactivo

13 de Marzo de 2013

O Centro Cultural de Santa María de Xeve celebra mañá, 14 de marzo, a partir das 20.30 horas o primeiro dos faladoiros do proxecto Ruralactivo que mañá se pon en marcha nas parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido para fomentar o autoemprego, destinado a mulleres e á xuventude.
O obxectivo do proxecto é facilitar e incentivar que estes sectores da poboación se involucren na construción de alternativas de traballo que supoñan o aproveitamento, o respecto e o coidado do patrimonio da zona. Polo tanto, as persoas que participen nel serán a base, as protagonistas e as directoras do mesmo.
Este primeiro faladoiro está incluído do arranque do programa orientado á detección das necesidades e intereses das persoas participantes e na identificación dos recursos ambientais e patrimoniais dos que dispoñen. Os faladoiros estarán dinamizados por un equipo de profesionais, cuxo obxectivo será invitar ás persoas asistentes a reflexionar de xeito individual e colectivo sobre os intereses e necesidades con respecto a cuestións relacionadas co emprego ou a formación.
Paralelamente, desenvolverase un traballo de análise documental ao que se lle sumarán as conclusións extraídas dos diferentes faladoiros para a elaboración dun documento de diagnose. En base ás conclusións que se extraian del, desenvolveranse as seguintes fase do proxecto: por unha banda, tentarase poñer en marcha unha escola de coñecementos, aberta a todas as mulleres e xuventude das parroquias e, finalmente, a creación dun banco de ideas de autoemprego acompañado da posta en marcha dun proxecto piloto que contará co apoio e asesoramento do equipo de traballo.

Mulleres e xuventude

O programa Ruralactivo busca implicar a dous sectores clave da sociedade, mocidade e mulleres, nun proxecto de posta en valor e aproveitamento socioeconómico do patrimonio cultural e ambiental do rural a través dun proceso de participación e dinamización social.
No contexto social actual, estes dous sectores da poboación aparecen como motor de cambio no territorio rural galego, xa que son os grupos con máis potencialidade de promoción do autoemprego, en especial as mulleres, segundo se deduce dos dados ofrecidos no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia (2007-2013).
Asemade, en diferentes Plans de Desenvolvemento Rural dos GDR galegos, destácanse as seguintes cuestións en materia de xénero: a falta de acceso ao emprego no medio rural, o sobreenvellecemento feminino neste medio, a maior taxa de desemprego feminino, as menores taxas de actividade e ocupación no territorio e a súa precariedade laboral. A isto haille que sumar a dupla xornada laboral das mulleres empregadas (traballo produtivo fóra da casa e reprodutivo nas tarefas domésticas) e as dificultades de acceso á formación.
Por último, constátase unha elevada taxa de desemprego xuvenil, así como a tendencia da xuventude ao abandono do rural cara ás cidades na procura de traballo.
Por outra parte, as parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido albergan diversos elementos de valor patrimonial, destacando certos exemplos de tipo material como o grupo rupestre de Ben de Interese Cultural e diferentes edificacións recollidas no inventario do Patrimonio Cultural do Concello de Pontevedra e no Catálogo de Edificacións e elementos a conservar da cidade e do rural, como cruceiros, numerosas pontes, ermidas, etc.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.11.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.03.2013 polo Concello de Pontevedra.