Actualízate

20 de Agosto de 2019Pontevedra

Comezan as rozas no rural para mellorar a seguranza viaria e previr os incendios

19 de Xuño de 2014

O Concello de Pontevedra inicia o vindeiro luns, 23 de xuño, o plan de rozas nas parroquias do rural. O concelleiro coordinador do rural, Demetrio Gómez presentou esta mañá o plan que atenderá todas as estradas, camiños e vías das 15 parroquias do rural buscando o mellor aproveitamento dos recursos.
Demetrio Gómez explicou que estes traballos de limpeza e roza fanse para mellorar a seguranza viaria dado que a maleza xa invade os camiños, e tamén para loitar contra os incendios. Remarcou Demetrio Gómez que o Concello agardou todo o posíbel para iniciar estes traballos, xa que choveu até hai pouco e en grandes cantidades, e o calor das últimas semanas fixo crecer moito o maleza.
Os traballos desenvolveranse en dúas partes. A primeira é semellante a 2013 e executarase con dúas máquinas rozadoras a ambos lados da vía, e outras dúas persoas que a pé irán recollendo os restos e limpando as cunetas. Este traballo está contratado cunha empresa por 50.000 euros e servirá para limpar 168 quilómetros de vías principais do rural.
A segunda parte executaraa persoal municipal que pasarán polas vías secundarias das parroquias unha ou dúas semanas despois de que actúen nas vías principais. Serán outras catro persoas que realizarán traballos de roza e limpeza, que compaxinarán estes labores coa limpeza dos adros ou campos das festas das parroquias para telos en plenas condicións de cara ás festas de verán.
Os traballos comezarán este luns pola parroquia da Canicouva e continuará por Ponte Sampaio, Tomeza, Lourizán, Marcón, Mourente, Bora, Santa María de Xeve, Santo André de Xeve, Verducido, Cerponzóns, Alba e Campañó.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.06.2014 polo Concello de Pontevedra.