Actualízate

22 de Xullo de 2019Pontevedra

Comeza o programa Namorando entre 400 alumnos de Primaria e Secundaria do concello

26 de Setembro de 2014

A Concellaría de Igualdade, que dirixe Carmen Fouces, puxo en marcha co inicio do curso escolar o programa Namorando entre os centros de educación Primaria e Secundaria do concello. Este programa ten por propósito ofrecer recursos aos alumnos para manter relacións de parella sas dende a etapa escolar. Están inscritos 420 rapaces de dez centros distintos do municipio.
En Educación Primaria participan os CEIP A Xunqueira I, Vidal Portela, Príncipe Felipe, A Xunqueira II, Álvarez Limeses, Cabanas e San Bieito de Lérez. Están en lista de agarda: Barcelos, Vilaverde, Marcón e A Carballeira.
En Primaria trabállase co proxecto "Erea e Martiño: Unha historia diferente". Está dirixido a rapaces de 4º de Primaria cos que se crearon dez grupos (uns 200 rapaces) cos que se manterá unha sesión semanal durante as que se traballará a concepción de homes e mulleres, as expresións de emocións, de xogos non sexistas así como cuestións básicas sobre o amor. Previamente páselles un cuestionario, que se lle volverá a pasar logo das sete sesións.
En Primaria as sesións comezarán o 12 de xaneiro e rematarán o 23 de febreiro. Na última sesión escollerase o conto non sexista máis bonito dos que se fixeran nas aulas, para logo ser contado nun vídeo.
Ao respecto de Secundaria, participan os IES A Xunqueira I, A Xunqueira II, Sánchez Cantón. Creáronse 11 grupos (uns 221 alumnos) onde está previsto realizar dez intervencións que comezaron este mesmo luns. Rematarán o vindeiro 3 de novembro.
En Secundaria o proxecto leva por título "Todo comeza cunha elección: a túa felicidade", seguindo a pauta do pasado ano no que a Concellaría de Igualdade traballou coa saga Crepúsculo. Durante as sesións farase unha reflexión sobre os mitos do amor romántico e as relacións de parella; traballarase na identificación das relacións baseadas na desigualdade e en comportamentos violentos.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.07.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 26.09.2014 polo Concello de Pontevedra.