Actualízate

22 de Xullo de 2019Pontevedra

Comeza a urbanización do núcleo de Cabaleiro con iguais niveis de calidade que no centro

08 de Xuño de 2014

O Concello de Pontevedra inicia mañá a reurbanización do núcleo rural de Cabaleiro, na parroquia de Campañó. Esta actuación é a primeira destas características que pon en marcha o Goberno Local nun núcleo rural. O propósito é elevar os estándares de calidade xa implantados no centro urbano ao rural, sendo conscientes de que só se poden pór en marcha nos denominados núcleos de centralidade parroquial, é dicir, lugares de concentración e encontro de veciños, como é o caso de Cabaleiro.
Eses estándares de calidade urbana que agora se levarán a Cabaleiro, supoñen a mellora da seguranza viaria, a eliminación de barreiras, o calmado do tráfico con medidas como plataformas únicas, velocidades de 20km/h ao ser espazos de preferencia peonil, materiais e acabados propios do centro urbano, pero respectando sempre o carácter rural da zona.
A obra terá un custe de 173.050 euros. E seguindo as citadas premisas de traballo, o propósito é integrar a praza do cruceiro de Cabaleiro, onde conflúen tráfico peonil con rodado, de xeito ordenado e seguro. Polo tanto, farase unha plataforma única na que a calzada terá un ancho de 5 metros, e irá acompañada da canalización de augas pluviais. Atravesará a praza, que estará dividida en dúas zonas peonís. Ademais, a calzada terá un pavimento de asfalto sobre o que se imprimirá un material antideslizante en cor para favorecer a adherencia dos vehículos. Instalaranse lombos redutores de velocidade. E disporá de sinalización horizontal e vertical con velocidade máxima 20km/h.
Ao respecto das dúas zonas peonís, terán un pavimento de adoquín (similar ao da rúa Gutiérrez Mellado), e estarán separadas da calzada cuns pequenos muros de pedra a dúas caras que poderán facer, as veces, de bancos.
Tamén está previsto a creación de alcorques protectores das especies arbóreas actuais.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.07.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 09.06.2014 polo Concello de Pontevedra.