O Recinto Feiral de Pontevedra acolle entre os días 25 e 27 deste mes de febreiro a cuarta edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia (Edugal). O evento está organizado pola Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa (Aempe) co apoio económico da Concellería de Promoción Económica.
A concelleira Carlota Román destacou que se agarda a presenza dunhas 10.000 persoas e a visita do alumnado de case medio cento de centros educativos galegos. Así o afirmou durante a presentación desta feira xunto cos directivos de Aempe, José María Corujo e Conchi Pereiro.
“Edugal é un fillo, ou unha filla, moi querido na nova programación feiral desta cidade”, afirmou a responsable municipal, quen recalcou o éxito de albergar durante o ano pasado un total de 22 feiras e congresos. Carlota Román subliñou que para sacar adiante todos estes eventos é preciso establecer alianzas con socios tan sólidos como Aempe. Edugal, continuou, é sinónimo de éxito e tamén de oportunidades, porque neste escaparate moitas persoas atopan unha perspectiva de futuro.
A feira está dirixida a alumnos de Secundaria, Bacharelato ou ciclos formativos, profesionais do ensino, centros educativos, formadores para o emprego, empresas do sector e tamén a todo o público interesado, especialmente, persoas que queiran ampliar a súa formación.
Disporá de máis de 30 stands de centros formativos non só galegos, senón tamén algúns doutros puntos de España. Contará con aulas abertas e unha ampla oferta de obradoiros, así como un gabinete de Orientación para axudar a aqueles que nin sequera teñan moi claras as súas preferencias de formación.
Máis información:
www.edugal.es
A segunda edición de PonteEmprego abriu hoxe as súas portas coa conferencia inaugural do xornalista e profesor universitario
A Concellería de Promoción Económica comezou hoxe a impartir o seu terceiro curso de Xeoposicionamento Online de
A Concellaría de Promoción Económica vén de recibir unha subvención de 3.380,70 euros do Instituto
A Praza de Abastos foi hoxe escenario dun acto promocional que consistiu no reparto de libros de cociña editados pola Concellería de
Un acto aberto a toda a cidadanía servirá para despedir o ano con antelación e dun xeito lúdico. Será
A concelleira de Promoción Económica asinou unha resolución na que se determinan os horarios e datas habilitados para a
Hoxe é 18.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.02.2019 polo Concello de Pontevedra.