Actualízate

20 de Setembro de 2018Pontevedra

Cen alumnos do CEIP A Xunqueira II participaron no obradoiro de banda deseñada

17 de Xuño de 2014

O concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez visitou esta mañá o CEIP A Xunqueira II para entregar aos cen alumnos participantes no Obradoiro de banda deseñada promovido pola Concellaría, as revistas realizadas durente os meses de obradoiro. Durante todo o curso participaron 84 alumnos en horario escolar e 16 en horario extraescolar.
A Concellaría organizou un ano máis este obradoiro de narración a través da banda deseñada en colaboración coa comunidade educativa do CEIP A Xunqueira II: ANPA e profesorado de educación primaria, co fin de dinamizar o uso da lingua galega entre os nenos e nenas de 5º e 6º  cursos de primaria.
O obradoiro foi impartido e coordinado polo ilustrador Jano Viñuela Agra, licenciado en Belas Artes que na actualidade traballa como ilustrador e deseñador gráfico free-lance. Os seus traballos chegaron ao Salón do Cómic de Barcelona, onde expuxo en 2009, e gañou premios como do IV Certame de Imaxe Artística (2003), o do Certamen de Cómic e Ilustración Injuve (2002) ou do Concurso Salón do Cómic de Cangas (2001).
O traballo dividiuse en distintas fases, comezando coa lectura de Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas para o alumnado de 5º curso e O Nicolasiño, de Jean-Jacques Sempé e René Goscinny, para o alumnado de 6º curso.
A partir de aí os escolares resumiron a historia, estudaron os personaxes, crearon a storyboard (o proxecto de banda desañada), deseñaron graficamente os personaxes descritos nos textos, elaboraron un guión técnico e achegáronse á arte final das páxinas da banda deseñada con todos o seus elementos narrativos; así como ao proceso de maquetación, edición e publicación do traballo.
O obradoiro desenvolveuse en dúas fases paralelas:
- Sesións en horario extraescolar: os luns, do 17 de febreiro ao 2 de xuño, ambos os dous incluídos en horario de 16 a 18.30 horas.
- Sesións en horario lectivo: os luns, desde o 17 de febreiro ata o 26 de maio, ambos os dous incluídos. Cada clase de 5º e 6º de primaria terá unha hora de traballo cada quince días integrada na aula e horario normal de clase.

O obxectivo deste obradoiro é fomentar os usos orais e escritos da lingua galega entre o alumnado do terceiro ciclo de primaria, a través da creación, da escrita e da reflexión. A actividade busca o achegamento dos rapaces á lingua galega a través da creación de historias en banda deseñada.
A banda deseñada estimula a creatividade; favorece a aprendizaxe: perfecciona a lectura, enriquece o vocabulario, desenvolve a expresión e a comprensión, mellora a ortografía, a percepción e a capacidade de síntese e análise; reflicte a realidade social dunha época e un país, desenvolve a capacidade crítica ante o mundo que nos rodea, dá a coñecer paixóns humanas, frustracións persoais, soños, contradicións...
 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.09.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.06.2014 polo Concello de Pontevedra.