Actualízate

16 de Xuño de 2019Pontevedra

Os puntos de información turí­stica municipal atenderon a 14.000 persoas na segunda quincena de xullo

02 de Agosto de 2011
A atención e información turí­stica prestouse na Casa do Turista da praza da Verdura, na caseta da rúa de Eduardo Pondal (nas proximidades das estacións de ferrocarrí­s e autobuses) e a outra caseta, montada provisionalmente ata o 15 de setembro na confluencia da praza de España e a avenida de Montero Rí­os.
A concelleira Carlota Román constata que a recta final de xullo supuxo unha clara recuperación e confí­a en que agosto, tradicionalmente o mes máis forte do ano, cumpra as expectativas. A concelleira subliña que unhas 450 persoas diarias pasaron por algún dos puntos de información municipais durante a segunda quincena de xullo. Ademais, sorprendeu o dato de que preto de 3.000 veciños da cidade tamén acudiron á rede turí­stica do Concello para facerse co programa das festas da Peregrina e do Verán.
Carlota Román tamén subliña o dato de que un 80% dos visitantes dos puntos de información afirmaron que non coñecí­an Pontevedra e que se trataba da súa primeira visita. Todos eles amosáronse moi sorprendidos pola cidade, especialmente polo Centro Histórico e dixeron que non descartan volver. O outro 20% corresponde a turistas que xa tiñan estado na cidade e optaron por repetir.
Entre os visitantes nacionais os andaluces (23,9%) desprazaron aos madrileños (17,7%). Foron seguidos polos valenciáns (11,4%) e os cataláns (10,3%). No que atinxe aos turistas internacionais destacaron os portugueses (22,9%), seguidos dos franceses (12,6%), os procedentes de Gran Bretaña (11,4%) e os alemáns (11%).
Segundo as enquisas realizadas, a maiorí­a dos turistas que recolleron información nos tres puntos municipais están aloxados en Sanxenxo (25,3%), seguidos polos que pernoctan en Pontevedra (23,1%). Un 13% viñeron da zona do Salnés ou O Deza e o resto repartí­ronse entre distintas zonas de Galicia. Destaca a baixa dos excursionistas, que na primeira quincena eran un 16% e na segunda reducí­ronse a un escaso 1%.
No que atinxe ao tipo de aloxamento, un 75% está nun hotel, un 8% en albergues ou similares, un 6% en domicilios particulares, un 3% en campings, un 4% en apartamentos alugados e outro 3% dixo estar nunha casa rural. Por rangos de idade mantense o predominio dos turistas de entre 46 a 60 anos (30%), aí­nda que seguidos de cerca polos que teñen entre 31 e 45 anos (27,6%). En canto ao tipo de transporte utilizado continúa a destacar o coche particular (49%), mentres baixan os que chegan en autocar (29,3%) e o avión (15%).
Finalmente, as enquisas interesáronse polos motivos da visita a Pontevedra. O apartado de Internet/Guí­as/Recomendacións sobrepasa á metade cun 51,3%. Un 18% chegou atraí­do pola paisaxe, un 9% pola gastronomí­a e un 4,9% pola presenza de amigos ou familia.
No que atinxe ás visitas guiadas ao Centro Histórico, participaron nesta segunda quincena de xullo un total de 415 persoas. Case unha cuarta parte (un 24,5%) foron andaluces, seguidos por un 20% de madrileños. Un 7,2% resultaron ser estranxeiros, dos que unha boa parte foron arxentinos.
Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 16.06.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 02.08.2011 polo Concello de Pontevedra.