Actualízate

17 de Agosto de 2019Pontevedra

Case 300.000 euros para mellorar a iluminación e a mobilidade na marxe dereira do río

09 de Xaneiro de 2015

O alcalde e o concelleiro de obras, Luís Bará visitan esta tarde as melloras en accesibilidade, mobilidade e seguranza viaria que o Concello está a executar na marxe dereita do río Lérez, entre as pontes de Santiago e das Correntes. O proxecto supuxo, até o de agora, un investimento de preto de 300.000 euros.
O punto de encontro é o novo paso de peóns elevado na Ponte de Santiago con Rafael Areses, rúa na que o Concello tamén habilitou un carril bici que conecta a Illa coa Ponte do Burgo, mellorando a mobilidade ciclista e peonil neste ámbito.
Esta obra tivo un custe de 158.000 euros, e é a primeira para transformar conceptualmente a avenida de Compostela, na actualidade, unha vía de alta capacidade e de alta velocidade. O propósito é convertila en urbana con tráfico calmado, conseguindo integrar o borde do río e a conexión da Xunqueira coa trama urbana, nun espazo especialmente importante polos seus usos escolares, deportivos e de lecer.
A obra tamén implica un cambio na distribución dos espazos: máis para peóns e bicis, e menos para o tráfico rodado. Mellorando a mobilidade peonil e ciclista nos eixos cidade-campus e Ponte do Burgo-Ponte dos Tirantes.
Na actualidade xa se están a executar outros dous pasos de peóns elevados na avenida de Compostela, entre as rotondas de Xoán Manuel Pintos e Pasarón, e que poderán estar rematados nunhas semanas.

Nova iluminación pública

Neste ámbito, o Concello tamén renovou a iluminación pública substituíndo todas as luminarias de sodio por leds, nun proxecto que comprende Xoán Manuel Pintos e Domingo Fontán, até a rotonda de Bombeiros.
O orzamento deste proxecto supera os 140.000 euros e supón un aforro dun 80% dos consumos actuais en todo este ámbito, ademais de contribuir a mellorar a seguranza viaria na marxe dereita do río.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 17.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 09.01.2015 polo Concello de Pontevedra.