Actualízate

21 de Abril de 2019Pontevedra

A Concellería de Patrimonio volve instar á Xunta para que reciba os terreos cedidos para a nova sede do instituto Carlos Oroza

05 de Xaneiro de 2011
Estamos absolutamente sorprendidos de que a Deputación e a Consellería de Educación teñan agora un interese urxente en poñer en marcha unha nova Escola de Hostelería en O Grove, explicou Castejón. Alegrámonos moito por este municipio do Salnés, engadiu, pero dá asensación de que a Xunta goberna especialmente para os concellos onde hai alcaldías do PP e de que a Deputación repara especialmente na comarca do Salnés.
Á concelleira pontevedresa de Patrimonio parécelle ben a colaboración das dúas institucións para a montaxe dun novo centro integrado de formación profesional imbricado na futura Pousada da Lanzada, pero tanto interese contrasta co abandono e os atrasos acumulados para o proxecto da nova sede do instituto Carlos Oroza na capital da provincia.
Margarita Castejón lamentou que o Concello de Pontevedra leve un ano "pregándolle" á Consellería de Educación que se digne a recibir e escriturar os terreos cedidos na Parda, a cabalo entre as unidades 13 e 14, para só recibir desculpas de mal pagador. Uns terreos magníficos, engadiu, cunha superficie total de 3.658 metros cadrados, e situados na mellor zona de expansión da cidade.
A Xunta eliminou unha partida de 1,5 millones dos seus orzamentos para acometer esta actuación e agora só prevé 50.000 euros nas contas do ano 2011, unha partida ridícula e que non da nin para o comezo das obras.
Diante desta situación, o servizo municipal de Patrimonio volveu enviar oficialmente o pasado 13 de decembro á Secretaría xeral de la Consellería de Educación a certificación dos acuerdos de cesión da Xunta de Goberno Local e a certificación rexistral de titularidade. Con este trámite, o Concello volve conceder un prazo de 30 días para que a Xunta acepte a cesión e escriture ao seu nome a parcela, prazo que Margarita Castejón comprometeuse a interpretar xenerosamente para o caso de que os responsables da Consellería teñan problemas de axenda.
Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 21.04.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 05.01.2011 polo Concello de Pontevedra.