Actualízate

18 de Agosto de 2019Pontevedra

O complexo da Xunqueira estrearará o seu cuarto campo de fútbol de herba sintética a finais de setembro

30 de Agosto de 2011

O edil destacou que as obras finalizarán nos últimos días de setembro ou nos primeiros de outubro, en función da chegada dalgúns subministros. O novo campo estará destinado á práctica do fútbol 7 e ten unhas medidas de 63 por 41 metros. Contará cun peche perimetral, rego automático, unha mellora no trazado das redes de saneamento da zona, recollida de augas pluviais, axardinamento do perímetro, así como todo o equipamento preciso: porterías, banquiños e bandeirolas abatibles para as catro esquinas.
Durante a visita realizada esta mañá, Agustín Fernández repasou a configuración final da Xunqueira, que pasará a dispor este outono de dous campos de fútbol 11 e outros dous de fútbol 7, completando así a reconversión de toda esta zona nun moderno complexo futbolístico. Os catro campos quedarán completamente pechados mantendo unicamente entre eles o acceso peonil existente á Illa das Esculturas. De feito, o novo campo levará o seu pechamento ata a metade do actual acceso asfaltado aos vestiarios e as gradas apegadas ao pavillón multiusos, deixando só un carril de servizos.
O concelleiro anticipou que as prioridades a medio prazo do seu departamento pasarán agora a estudar a situación deste pavillón, no que adestran un bo número de equipos de distintas modalidades deportivas. Unha vez reparada a viga mestra da cuberta, chegará o momento a situación das pistas e o equipamento interior do recinto deportivo.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 29.07.2011 polo Concello de Pontevedra.