Actualízate

23 de Abril de 2019Pontevedra

Campaña recupera a Corrida da rosca

20 de Febreiro de 2015

A parroquia de Campañó recupera este domingo, 22 de febreiro, “A corrida da rosca” un entroido tradicional desta parroquia que está documentado, cando menos, dende principios do século XX polos escritos de José Casal. O Concello de Pontevedra xunto á Asociación Cultural de Campañó porán en marcha esta iniciativa que consistirá na organización de carreiras no campo da festa de Cabaleiro (uns 60 metros). Comezarán ás 17.00 horas e todas as persoas -especialmente se van vestidos de choqueiros- poderán participar. As carreiras desenvolveránse de dous en dous ou de catro en catro, e os gañadores recibirán a afamada rosca: de pan con ovos e chourizo.
Segundo o historiador José Fuentes, os primeiros documentos coñecidos deste entroido son do médico José Casal e datan do ano 1908. Nel fálase do “correr da rosca en Campañó”. En escritos sucesivos aparece máis información coma que participan persoas vestidas con farrapos vellos e con careta de cartón ou de tela vella. O premio era unha rosca de pan de trigo con ovos cocidos embutidos que a penduraban dunha pértega. Logo de varías carreiras que se disputaban de dous en dous, gañaba a rosca o que pasaba todas as carreiras clasificatorias.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 23.04.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 24.02.2015 polo Concello de Pontevedra.