Actualízate

24 de Agosto de 2019Pontevedra

Campaña de control sobre a poboación de gaivotas

29 de Agosto de 2014

O Concello de Pontevedra realizou durante os meses de xullo e agosto un programa de control de aves silvestres na cidade, en concreto, na poboación de gaivotas que estaba a supoñer un problema na cidade. Segundo explicou o concelleiro responsábel da área, Miguel Filgueira, o obxectivo inicial era coñecer o número desta poboación e atender a algunhas queixas trasladadas á oficina de Medio Ambiente por parte de hostaleiros e tamén por particulares especialmente nas prazas da cidade.

O Concello púxose en contacto coa empresa Larus Control, que solicitou permiso á Consellería de Medio Ambiente que indicou como se tiñan que recoller os parrulos e onde se deberan soltar, logo de crialos. O ámbito de actuación foi no centro histórico e tamén en parte do ensanche, especialmente no ámbito da rúa Michelena, dende o Hospital, cara Sagasta...

Neste espazo repartiuse información entre os veciños, polo que recibiron 95 chamadas, e fixeron 78 visitas aos tellados onde localizaron 117 niños. En 28 tellados non puideron subir por distintos motivos, dende non ter a autorización de propietarios a non poder polas malas condicións dos tellados. En total retiráronse 123 polos.

Segundo as estimacións da empresa, en Pontevedra debe haber arredor de 200 parellas de gaivotas "unha cantidade bastante importante", polo que de cara ao vindeiro ano a Concellaría pretende facer unha segunda campaña de control da poboación pero iniciada na primavera para poder actuar sobre os ovos.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 24.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 01.09.2014 polo Concello de Pontevedra.