Actualízate

19 de Maio de 2019Pontevedra

O Corpo de Bombeiros dispón dun novo camión autoescaleira de 40m

15 de Xullo de 2011

O alcalde e a concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva visitaron esta mañá o parque de bombeiros de Pontevedra para coñecer o novo camión autoescaleira automática que acaba de adquirir o Concello de Pontevedra por 630.000 euros.

 

Acompañados da varios bombeiros e do xefe, Manuel Torres, pudieron comprobar o funcionamento do novo camión e, especialmente, da autoescaleira que mellorará considerablemente a calidade do servizo de emerxencias de Pontevedra, tanto para os veciños da capital, como para o resto de concellos da comarca que se benefician do servizo que mantén integramente Pontevedra.

 

A autoescaleira traballa nunha altura de 39 metros, e segundo explicou o xefe de bombeiros, é equivalente a un edificio de 12 ou 13 pisos. Non hai ningún desta altura na cidade. Destaca especialmente pola súa velocidade á hora de pregarse e despregarse. Dispón dunha cesta desmontable monitorizada que é apta para unha carga de 270 quilos. É a escaleira a que incrementa considerablemente o custe do vehículo, que foi montado por pezas.

 

O actual servizo estaba a cargo dun camión de autoescaleira do ano 1968 que aínda está en uso, e quedará para utilidade do Parque de Bombeiros, aínda que con outras funcións.

 

A cabina da nova autoescaleira ten capacidade para o conductor e dous ocupantes. O vehículo ten 3 armarios en cada lateral para ocupación de material. Están pechados mediante persianas de láminas de aluminio.

 

As instalacións técnicas do vehículo:

 

§  Sistema de iluminación

§  Balizamento

§  Sistema de comunicación entre o posto de mando da escaleira e a cesta ou o extremo superior do último tramo da escaleira

§  Camilla para rescate

§  Xenerador eléctrico portátil

§  Columna seca que permita a rápida instalación dunha línea de auga ata a cesta.

 

Dotación do vehículo:

 

§  2 equipos de respiración autónoma

§  1 Tabla de rescate de fibra

§  1 Lanza de 45 mm

§  1 Lanza de 25 mm

§  1 bifurcación de 45/2x25mm

§  1 reducción de 45/25mm

§  3 mangueiras de 45mm

§  3 mangueiras de 25 mm

§  1 mangueira de 70 milímetros de diámetro e 37 metros de lonxitude, dunha soa peza.

§  1 extintor polvo

§  1 extintor CO2

§  1 caixa de ferramenta

§  1 motoserra

§  1 bidón de 5 litros de gasolina + 3 litros de aceite

§  1 carrete de mangueira bipolar

§  1 pico

§  1 pa

§  1 mazo

§  1 picola

§  1 machada

§  2 palanquetas

§  1 cizalla manual

§  1 arpón

§  6 conos pregables de sinalización

 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.05.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.07.2011 polo Concello de Pontevedra.