Actualízate

20 de Maio de 2013 Pontevedra

Patrimonio municipal

A reforma da Casa Consistorial poderá comezar no prazo dun mes

13 de Maio de 2013

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación á empresa Ediserpo do proxecto de arranxo da estrutura, fachadas e cuberta da Casa do Concello, por un prezo de 274.623,25 euros. Logo de cubrir os prazos administrativos relativos á sintura do contrato, as obras poderán comezar no prazo dun mes, aproximadamente e terán unha duración cuns catro meses.
Cabe lembrar que no inicio deste mandato o Goberno local acordou realizar a rehabilitación do edificio de Sesmero por fases, dado a situación ecónomica actual e o importante custe que deberían asumir as arcas municipais ao facer fronte a unha rehabilitación integral que superaría os 2,5 millóns de euros. Tendo claro a necesidade de rehabilitar o edificio principal do Concello e considerándoo unha prioridade dado o seu estado de deterioro, o Goberno Local apostou por ir realizando a reforma por fases, e atendendo ás prioridades do edificio.
A primeira parte da obra afecta ao acondicionamento exterior do edificio. Ao respecto da cuberta da Casa Consistorial devolveráselle o acabado de zinc que tiña a edificación na súa orixe, ennoblecendo o inmoble e recuperando o acabado tradicional. Tamén se renovarán todos os elementos da cuberta como os canalóns.
Os arranxos tamén se estenderán á estrutura da cuberta, unha estrutura de madeira que está atacada por carcoma, carcoma grande e termita. Daráselle un tratamento de desinfección e protección para evitar futuros ataques.
Outros dos traballos desta primeira fase de rehabilitación é a reparación, recuperación e substitución das ventanas e portas da carpintería exterior de todo o edificio. En concreto, as portas principais (entradas principal e traseira) someteranse a un importante proceso de restauración dado o seu importante valor patrimonial e histórico.
O último dos aspectos da obra será a reparación de todos os panos brancos exteriores do edificio que se picarán e serán substituídos por morteiro de cal tradicional, recuperando, tamén, a orixe do edificio e seguindo os mesmos criterios cos que se actuou noutros edificios nobres da cidade.
Entre as melloras ofertas atópase a retirada do cabo da fachada traseira do edificio, a eliminación das luminarias actuais e dos seus cabos así como a retirada doutras canalizacións situadas nas distintas fachadas do edificio. Tamén se presentaron melloras específicas para o illamento termicoacústico da cuberta e garantías de calidade da obra.

Ediserpo executará a primeira fase de rehabilitación da Casa Consistorial
O Concello reduce a factura de telefonía
Pendentes dun informe técnico para pechar os deslindes co Concello de Poio
Nove ofertas para a primeira fase de rehabilitación do edificio do Concello
A Xunta pode facer uso dos terreos para construír o edificio da Parda, cando quiera
O Concello celebra a Comisión de deslinde para abordar as discrepancias con Poio
Recurrida no xulgado unha axuda de Industria para a Illa
O Concello aforra 64.000 euros en seguros
Dúas ofertas para o quiosco da Illa do Cobo
A expropiación da Parda, para setembro
RESTAURADA A PONTE MEDIEVAL DE BORA
31 de Xullo de 2012

Despois de tres meses de traballo, está rematada a restauración e acondicionamento do contorno da ponte medieval de Bora, situada

Concello e Xunta abren unha liña de colaboración para clarexar o futuro das sedes autonómica na cidade
02 de Marzo de 2012

Os concelleiros de Urbanismo e Patrimonio Municipal, Antón Louro e Vicente García Legísima mantiveron esta

Seis quioscos a disposción de asociacións sen ánimo de lucro
14 de Novembro de 2011

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o prego para a adquisición directa, mediante concesión demanial, de seis

A Casa do Concello sométese a un estudo de eficiencia enerxética vinculado á súa rehabilitación
28 de Xullo de 2011

O Concello de Pontevedra está a colaborar no proxecto Reedifgal (Rehabilitación Enerxética de Edificios en Galicia)

O Concello inicia o expediente para a venda do aparcadoiro soterrado dos “Mirabeles”
31 de Maio de 2011

O soto está destinado a aparcamento público, pero nunca chegou a entrar en funcionamento dende a súa adquisición polo Concello en 1999 por un prezo de

A Concellería de Patrimonio volve instar á Xunta para que reciba os terreos cedidos para a nova sede do instituto Carlos Oroza
05 de Xaneiro de 2011

Estamos absolutamente sorprendidos de que a Deputación e a Consellería de Educación teñan agora un interese urxente en poñer en marcha unha nova

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.05.2013 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.05.2013 polo Concello de Pontevedra.