Actualízate

22 de Maio de 2013 Pontevedra

Turismo

A Concellería de Turismo apóiase na figura de Ravachol e o Teucro para promocionar o destino Pontevedra

08 de Maio de 2013

A Capital das Rías Baixas será protagonista en Irún durante toda a próxima fin de semana. Aproveitando a participación da Sociedade Deportiva Teucro na fase de ascenso á División de Honra de balonmán, a Concellería de Turismo preparou unha acción específica de promoción.
A iniciativa, que foi presentada hoxe pola concelleira Carlota Román e o presidente do club, Carlos García Alén, xirará ao redor da figura do loro Ravachol e do empuxe das novas tecnoloxías, dado que incluirá un concurso a través de Instagram, Facebook e Twitter.
Carlota Román destacou que o vínculo entre o deporte e o turismo é especialmente estreito en Pontevedra, como queda demostrado cos resultados que se están a acadar coa organización de grandes eventos. Desta volta, engadiu, trátase tamén de utilizar as posibilidades que abren os éxitos deportivos do Teucro, levando a promoción da nosa cidade a un dos principais mercados emisores de turistas cara Galicia e Pontevedra, como é o País Vasco.
A acción, a desenvolver durante as xornadas do sábado 11 e o domingo 12,  marcará tamén unha nova estratexia na promoción turística, aproveitando todo o potencial das redes sociais, e apostando pola figura do loro Ravachol como icona turística da cidade. En Pontevedra temos a sorte de contar cunha personaxe singular e cada vez máis coñecida como o loro que capitanea o noso Entroido, destacou a concelleira Román. Utilizala pode ser un xeito distintivo, pero sobre todo efectivo, para acadar o noso obxectivo principal, que é a publicitación de Pontevedra como destino turístico.
En Irún haberá un punto de información nas proximidades do pavillón, onde se repartirán folletos sobre a cidade, así como diversos artigos de “merchandising”. Nesta localización principal estarán dispoñibles uns peluches de Ravachol e instalarase un fondo para un “photo call” diante do que os afeccionados ao balonmano e irundarras en xeral poderán fotografarse coa imaxe do loro.
As fotografías que se suban á Rede participarán nun concurso no que os tres premiados obterán unha fin de semana en réxime de pensión completa no hotel Campaniola, unha fin de semana en réxime de aloxamento e almorzo no hotel Room e catro pasaxes en barco para visitar a illa de Ons, a cargo da naviera Nabia. Carlota Román agradeceu expresamente a colaboración destas tres empresas.
As fotos, que terán que estar xeolocalizadas, deberán subirse á Instagram. Será tamén posible compartilas en Facebook facéndose fan da páxina de Visit Pontevedra ou en Twitter como follower de @visitpontevedra. Xa está creado o hashtag #whereisravachol. O único requisito para participar no concurso é ser maior de 18 anos.
Carlota Román anticipou que trátase dun primeiro paso para ir explorando novas vías de promoción da cidade e nos próximos meses iranse coñecendo máis novidades.

A oficina “Film Commission” de Pontevedra apoia a rodaxe da webserie “Clases de lo Social”
Pontevedra crea unha oficina “film commission” para promocionar a cidade como plató de cine
A exposición fotográfica “O latexo das prazas” comeza unha xira para atraer turismo nacional a Pontevedra
A Oficina de Congresos inicia os contactos cos empresarios locais co obxectivo de chegar aos 50 socios colaboradores
Os sete concellos de Terras de Pontevedra acordan manter a mancomunidade para seguir a potenciar o turismo comarcal
Os restaurantes da bisbarra de Pontevedra comezan a ofrecer cartas trilingües para captar público estranxeiro
O novo vídeo de promoción turística de Pontevedra supera as 4.000 visitas en Youtube en só catro días
Carlota Román abre as portas á colaboración coa asociación de profesionais do turismo de Galicia
A quinta edición de “PontedeTapas” bate records e acada as 38.400 unidades vendidas
Ferpalia se reinventa na Alameda de Pontevedra cunha atractiva oferta gastronómica e enolóxica de Galicia e Asturias
O mes de agosto deixou bos índices turísticos
01 de Setembro de 2011

A concelleira de Turismo, Carlota Román, destaca que na cidade houbo moita xente e que o crecemento sobre o ano pasado así o demostra. A aposta pola

150 xaponeses viaxan de Tokio a Santiago pasando por Pontevedra
09 de Agosto de 2011

Os visitantes, que pernoctarán no pabillón do colexio Xunqueira I, tiveron ocasión de coñecer a igrexa da Peregrina que, segundo se lles informou, ten

Carlota Román ofrece á Xunta centralizar as oficinas de información ao visitante na Casa do Turista
05 de Agosto de 2011

A reunión, celebrada esta tarde nas dependencias da Secretaría Xeral en Santiago de Compostela, celebrouse nun ambiente de máxima cordialidade durante

Os puntos de información turí­stica municipal atenderon a 14.000 persoas na segunda quincena de xullo
02 de Agosto de 2011

A atención e información turí­stica prestouse na Casa do Turista da praza da Verdura, na caseta da rúa de Eduardo Pondal (nas proximidades das

Carlota Román invita a sumar esforzos na promoción turística da cidade
02 de Agosto de 2011

Carlota Román instou á directiva, presidida por Salvador Santiago Rodríguez, a presentar un informe no que se recollan os puntos nos que esta

Latitude 42º comeza hoxe a percorrer a ría de Pontevedra
01 de Agosto de 2011

Latitude 42º púxose oficialmente en marcha esta mañá coa botadura da embarcación que fará as diversas rutas

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.05.2013 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 22.05.2013 polo Concello de Pontevedra.