Actualízate

18 de Xuño de 2019Pontevedra

As obras no barrio de San Antoniño estarán concluídas a mediados de decembro

20 de Novembro de 2014

As obras do barrio de San Antoniño estarán rematadas a mediados do próximo mes de decembro. Así o anunciou hoxe o tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, durante unha visita á zona.

Os traballos de reforma integral desta parte do barrio contan cun orzamento global que supera os 413.000 euros. Están a cargo das empresas Covsa e Oresa. O investimento en Víctor Cervera Mercadillo chega aos 131.258,64 euros; en Gerardo Álvarez Limeses, a 221.846,85 euros, e, finalmente, en Gonzalo Gallas a 60.000 euros.

Louro declarou que as obras desenvólvense con normalidade e está previsto que o asfaltado das tres rúas se realice de xeito conxunto entre os próximos 10 e 19 de decembro, en función das circunstancias meteorolóxicas. A día de hoxe xa están practicables case todos os tramos de beirarrúa.

Polas características destas tres rúas, que están interconectadas entre si, as empresas tiveron que adoptar un plan de traballo coordinado, a fin de minimizar as molestias aos veciños, manter os accesos e abordar conxuntamente o asfaltado final de toda esta superficie. O proxecto, explicaron os técnicos estivo moi condicionado pola abundancia de portas de garaxe, e aproveitou un ensanchamento da rúa de Álvarez Limeses para manter 24 prazas de aparcamento.

O tenente de alcalde recalcou a mellora que experimenta o barrio, nunha zona cunha alta densidade de poboación e na que se rexistraba un importante grao de deterioro. Polo tanto, engadiu, dentro dun mes, o barrio estreará unha estética “vistosa” con rúas modernas, á altura dos mellores espazos da cidade e tamén mantendo a circulación rodada.

Finalmente, Antón Louro apuntou que sería necesario continuar mellorando as condicións urbanas en San Antoniño, ata chegar á rúa de Lepanto.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.06.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.11.2014 polo Concello de Pontevedra.