Actualízate

22 de Agosto de 2019Pontevedra

As mulleres, protagonistas da visita ao cemiterio de San Amaro

19 de Decembro de 2014

A Concellaria de Patrimonio Histórico organiza este domingo, 21 de decembro, unha visita comentada ao cemiterio de San Amaro. Será a partir das 11.30 horas e a asistencia é libre e gratuíta, e non é necesaria a inscrición previa.
Trátase dun percorrido pola historia do cemiterio municipal, desde as súas orixes a finais do século XIX, até a actualidade. Nesta ocasión, ademais dos aspectos hístórico-artísticos, o fío condutor será a historia e a memoria das mulleres. A visita permitirá coñecer aspectos como:
- os antigos cemiterios urbanos (San Bartolomeu, Virxe do Camiño) e a construción do cemiterio de San Amaro;
- tipoloxías de enterramentos
- simboloxía: simbolos relixiosos e pagáns, simboloxía masónica
- aspectos artísticos: panteóns e mausoleos de interese
- o cemiterio civil

As mulleres
No marco do programa municipal A memoria das mulleres, a actividade pretende poñer en valor a presenza e protagonismo das mulleres na historia da cidade, tanto polas achegas colectivas como desde o punto de vista indivisual. Neste sentido, o interese non se centra só en mulleres que destacaron en ámbitos científicos, culturais, artísticos ou educativos, senón que tamén se fará referencia ás mulleres de clase traballadora, ás represaliadas, etc.
Algunhas das mulleres que protagonizan o percorrido son:
- Otilia Meis Pintos, de Mourente, represaliada en 1936.
- Dolores Trabado, taxista
- María Rodríguez Aboa, mestra de piano na Escola de Traballo
- Daría González García, profesora
- Amalia Álvarez Gallego, viúva de Alexandre Bóveda
- Familia Mendoza-Méndez Núñez: María e Concepción Mendoza, Soledar e Clara Méndez Núñez, Carmen Babiano Méndez Núñez)
- Peregrina Juncal Verdulla, modista
- Dolores Montero Villegas
- Aurita Otero González
- Josefina Arruti Viaño, esposa de Bibiano Fernández Osorio Tafall
- Mulleres da Moureira (panteóns dos mareantes)
- María Victoria Moreno, escritora
 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.12.2014 polo Concello de Pontevedra.