Actualízate

21 de Outubro de 2018Pontevedra

O vindeiro día 27 sairá a licitación a mellora do abastecemento de auga potable da ría de Pontevedra

06 de Xullo de 2011
O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera aproveitou esta mañá a súa primeira convocatoria pública no novo Goberno para anunciar a próxima licitación das obras de abastecemento de auga potable para o Concello de Pontevedra e a súa ría. Trátase dun proxecto que melloraría todo o abastecemento que ten un orzamento de 29 millóns de euros (2 para expropiacións) e que sairá a licitación o vindeiro 27 de xullo.

César Mosquera explicou que esta semana mantivo, xunto ao alcalde, un encontro cos responsables de Aquanorte, empresa pública que xestiona a conca do norte, onde se lles confirmou que a previsión é que a licitación da mellora da captación, a ampliación da potabilización e a subida da cota coa creación do depósito en Castrosenín, entre outras, sexa o vindeiro 27 de xullo. Será unha licitación de proxecto e obra, e terá un prazo longo (dun ano, aproximadamente) para o inicio das obras durante o cal se fará o estudo de avaliación ambiental e tamén se farán as expropiacións.

A obra podería comezar durante o ano 2012 e remataría a mediados de 2014, segundo as previsións de Aquanorte.

Tamén adiantou o concelleiro que os concellos de Marín e de Vilaboa volveron a porse en contacto con Aquanorte para manifestar o seu interese en reincorporarse ao proceso de mellora do abastecemento da ría, ao que xa están incorporados Pontevedra,  Poio e Sanxenxo.

Esta decisión non interrompería o proceso de licitación, xa que as obras para Marín e Vilaboa serían a maiores do xa proxectado ata o de agora. O que si beneficiaría a Pontevedra e a Poio sería que podería baixar a súa achega para este proxecto de 29 millóns de euros.

Plan Xeral

O concelleiro tamén presidiu esta mañá a primeira Comisión de Infraestruturas do novo Goberno para abordar a situación do Plan Xeral, unha vez adaptado á ultima modificación da Lei do Solo. A petición do grupo municipal do Partido Popular, dentro de dúas semanas, o equipo redactor do Plan Xeral acudirán á comisión de Infraestruturas para explicar as modificacións que introduciron no Plan.

De todos os xeitos, César Mosquera volveu a recordar as premisas do Goberno Local ao respecto do Plan Xeral: "Ou se aproba por unaminidade ou non se aproba", liña coa que xa se traballo durante todo o mandato pasado.

Estudo de Mobilidade

Nesta primeira Comisión de Infraestruturas, César Mosquera tamén deu conta do Estudo de Mobilidade que entregou  á empresa Pettra o pasado mes de abril, pero que ante a inminencia das eleccións, acordou deixarse para despois do período electoral.

Estas propostas da empresa serán presentadas aos axentes sociais polo concelleiro de Mobilidade, Luís Bará, poderán facerse suxestións e finalmente adoptaranse solucións.
Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 21.10.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 06.07.2011 polo Concello de Pontevedra.