Actualízate

23 de Xullo de 2019Pontevedra

Antón Losada afirma en PonteEmprego que da crise só se sae con solucións colectivas e a prol da igualdade social

23 de Outubro de 2013

A segunda edición de PonteEmprego abriu hoxe as súas portas coa conferencia inaugural do xornalista e profesor universitario Antón Losada, quen no seu relatorio “Que non lles timen coa crise”, fixo unha análise crítica das orixes e receitas coas que se está a afrontar a actual situación económica.
A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, abriu o acto para recibir ás máis de 200 persoas que asistiron a esta primeira ponencia do completo programa incluído na feira de emprego de Pontevedra.
Román cualificou PonteEmprego como “unha ousadía”, pois, remarcou, o Concello carece de competencias directas en materia de emprego, pero recalcou que a Administración local non pode quedar de brazos cruzados diante das preocupantes cifras do paro, que tamén se deixan sentir nas rúas da cidade. Describiu esta iniciativa como unha aposta pola intermediación laboral e pola “capacitación emocional” das persoas que buscan  emprego, nuns momentos nos que é moi fácil desanimarse.
Antón Losada comezou a súa intervención recalcando a urxencia de contraprogramar o alude de propaganda oficial que fala do comezo da recuperación, pois, subliñou, se hai recuperación é tan só para os máis ricos e para as grandes empresas e corporacións que, a pesar de ter boa parte da culpa da xénese da crise, están volvendo a entrar en beneficios gracias unicamente á socialización da inxente débeda que xeraron.
Losada concluíu aconsellando que non perdamos nunca de vista que estamos diante dun problema colectivo, do que só se pode saír con solucións colectivas, e non con receitas individuais, tal e como pretende o Goberno de España. E non só no que atinxe á negociación laboral colectiva, senón en todos os recunchos do Estado do Benestar, porque cando se baixan pensións, as prestacións de desemprego, cando se introducen copagos aos enfermos crónicos, iso nos afecta a todos, aínda que non nos toque directamente. Só as medidas que aposten pola cohesión social e por unha maior igualdade, serán efectivas e duradeiras recalcou Losada.


Máis información na web do programa de inserción laboral do Concello (ILES).
http://www.proxectoiles.es

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 23.07.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.10.2013 polo Concello de Pontevedra.