Actualízate

18 de Agosto de 2019Pontevedra

Andaina para os usuarios do programa de Ximnasia de mantemento da Concellería de Deportes

11 de Maio de 2012

Unha ruta de 11 quilómetros a pé entre San Vicente do Mar e Punta Moreiras porá punto e final á temporada do programa de Ximnasia de mantemento que a Concellería de Deportes imparte no Pavillón dos Deportes. Será o próximo xoves, día 24, con saída ás 14 horas e volta estimada cara as 21.30 horas.
O prazo de inscrición está aberto ata o próximo día 21 entre os usuarios do programa. Deben facela no propio Pavillón.
O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, indica que trátase de premiar, deste xeito, ás persoas que durante todo o ano participaron na iniciativa municipal. Máis de 100 persoas, na súa meirande parte mulleres, acoden ao Pavillón para facer ximnasia. Dúas monitoras, en horario de mañá e tarde, son as encargadas de atendelas.
Fernández lembra que trátase dunha actividade aberta a todo o público, pensada para que as persoas preocupadas por manter un aceptable ton físico podan facelo a un prezo público moi asequibles: 10 euros cada bimestre, o que equivale a un custo anual de 80 euros. Unha actividade, destaca o concelleiro, que encaixa no deber municipal de promover a saúde e o deporte entre a poboación.
A andaina polo Grove ten un nivel de dificultade medio. Recoméndase levar roupa axeitada e cómoda, unha pequena mochila e bebidas para garantir unha boa hidratación.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 11.05.2012 polo Concello de Pontevedra.