Actualízate

16 de Febreiro de 2019Pontevedra

Aberta a inscrición para os roteiros con cans por espazos naturais

27 de Maio de 2014

A Concellería de Sanidade Animal presentou esta mañá os roteiros con cans por espazos naturais en compañía dun adestrador canino, segunda fase do programa Yes, we can, que procura harmonizar a convivencia entre persoas e animais, e reducir o abandono de cans, “principal problema da Concellería”, segundo as palabras do edil, Miguel Filgueira.
A convocatoria ten por obxectivo evitar conflictos entre os propietarios de cans e os cidadáns que non os teñen, fomentar unha convivencia harmónica e o mutuo respecto entre todos, ao tempo que se disfruta do contorno e as zonas naturais do concello. Por iso mesmo, aos roteiros irán acompañados dun adestrador canino, que ensinará as pautas de comportamento entre donos e cans, e axudará a correxir comportamentos non axeitados.
A tenza de cans debe ir da man da responsabilidade que conleva, unha axeitada educación do can é un bo manexo do animal. “Cunha tenza responsable podremos esixir cousas que estamos pedindo”, recalca o adestrador, Manuel Dominguez.
Como subliñou Miguel Filgueira o sentido destes roteiros cos cans foi algo demandado por aqueles que teñen xa gozado doutras andainas por espazos naturais do concello.
Serán un total de 3 roteiros acompañados por Manuel Domínguez, adestrador canino, por espazos naturais, percorridos sinxelos, cómodos e que gozan dunha gran beleza natural. O primero é este domingo, 1 de xuño, ás 9.30 polos sendeiros de río Lérez, partirase do pequeno parque que se encontra entre a ponte do tren e a rotonda da nova rúa que comunica Lérez con Monte Porreiro.
As próximas citas – guiados por un monitor ambiental e por un adestrador canino- serán:
• 8/06/14: Ruta con cans polo pontillón de Castro. O punto de encontro será no aparcamento xunto aos locais de piragüismo.
• 22/06/14: Ruta con cans polo ENIL da Xunqueira de Alba. O punto de encontra será na imprenta da Deputación na entrada mesma da Xunqueira de Alba.
A participación nos roteiros require inscripción previa no teléfono 986804300 ext. 7584. Poderán participar uns 20-25 cans -por ruta- acompañados por un adulto.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 16.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 27.05.2014 polo Concello de Pontevedra.