Actualízate

19 de Xuño de 2019Pontevedra

A Xira Senlleira de Os da Ría

24 de Outubro de 2013

O concelleira de Cultura, Anxos Riveiro acompañou hoxe a Arturito Puy e Fabián Santomé “Os da Ría” na rolda de prensa de presentación do seu espectáculo “Xira Senlleira”. Aínda que a mesma rolda xa tivo moito diso: unha botella de viño “Senlleiro” para a prensa e as autoridades, un brinde e bromas varias foron o fío conductor deste inusual comparecencia.

Será este sábado 26  ás 21:00 horas no Teatro Principal cando o público poida gozar desta proposta diferente, radical, libre, e fundamentalmente divertida que non dexará indferente a ninguén.

Entradas á venda anticipadamente na web de servinova ou na súa billeteira telefónica (902 04 00) a un prezo de 10€ (+ gastos de xestión) e 8€ para estudantes, parados e xubilados (+ gastos de tramitación). O mesmo día da función, na billeteira do Teatro Principal unha hora antes do incio.

A OBRA

Na “Xira Senlleira” de Os da Ría é, esencialmente, un espectáculo humorísticomusical. Arturito Puy e Fabián Santomé (Carlos Meixide e Tomás Lijó na vida real) encarnan as figuras de dous divos da canción “galegueira” vidos a máis que celebran a presentación do Disco Díscolo, un recopilatorio de “toda unha vida de xites”, acompañados  dunha banda formada por músicos do máis solvente do contexto galego como Suso Alonso, Roi Fernández, Rmón Rúa, Xabier Olite.


Os da Ría enganchan perfectamente coa tradición da música lixeira galega, tendo moi presente no seu discurso, e dun modo paródico e retranqueiro, a galeguidade da que fixeron gala tantos artistas que forman parte da nosa memoria, como Ana Kiro, Blanco Campaña, Manolito el Pescador, o cada día máis lindo máis lindo de Pimpinela.

E todo iso fano, fundamentalmente, a través do filtro do humor máis absurdo e como non, no seu idioma propio, o galegueiro, un galego pasado de voltas no que as “palabreixas se inventarelan” e se venden ao público coma se foran ditas coa maior das correccións.
Durante os aproximadamente 90 minutos de espectáculo, Os da Ría fan unha exhibición de temas propios nos que son protagonistas grandes personaxes das nosas letras.

Da mesma maneira atopamos temas que conectan coa tradición máis “cantareira e taberneira” como Chinchín polo borrachín do pueblo; Caramba que guapa estás, Galicia; ou Hoxe é un día distinto, é o día do viño tinto. O espectáculo complétase cunha serie de emblemáticos himnos adicados a unha serie de personaxes tan dispares como a Infanta Elena, Fernando Ónega, co que din mater unha boa amizade, ou Miguel Delibes.
 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.06.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.10.2013 polo Concello de Pontevedra.