Actualízate

17 de Xuño de 2019Pontevedra

A San Silvestre pontevedresa incorpora este ano premios aos mellores disfraces, zumba e marcha nórdica

10 de Decembro de 2014

A San Silvestre pontevedresa refórzase este ano cunha potente oferta lúdica para todos os públicos. A proba foi presentada hoxe no Concello polo responsable municipal de Deportes, Agustín Fernández, quen anunciou importantes novidades para esta 31ª edición da carreira de Fin de Ano máis multitudinaria de Galicia.

A carreira sairá ás 17 horas dende a avenida de Montero Ríos. Dende as 16.15 horas haberá unha master class de zumba a cargo de Carla Novoa. Tamén haberá unha iniciación á marcha nórdica (con apoio de bastóns para potenciar os brazos) co apoio técnico de Mari Cruz Seco. Os participantes nesta modalidade sairán detrás dos corredores. Tamén será posible facelo con can (canicross), sempre colocándose ao fondo.

Na presentación estiveron presentes os directivos da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Ramón Touza e Juan Romero, que remarcaron que a San Silvestre é a carreira de Pontevedra e para Pontevedra. Iso explica que chegue aos 31 anos e congregue a unha cifra de corredores que oscila ao redor dos 3.000.

Ao tratarse dunha proba aberta a todo o público mantense a distancia curta, de 3.940 Km co circuíto urbano habitual.

Agustín Fernández subliñou que estamos diante dunha proba lúdica e divertida. Por este motivo, ademais dos premios aos tres gañadores, nesta edición incorpórase un trofeo ao mellor disfraz individual e outro ao mellor grupo.

A proba mantén o seu carácter solidario. Este ano colabora por vez primeira co Banco de Alimentos, que vén de abrir a súa delegación na cidade. Por iso, agradécese a entrega voluntaria de produtos non perecedeiros.

As inscricións, que son gratuítas, xa están abertas ata o próximo día 26 na web da Sociedad Gimnástica. Tamén pode accederse a través da páxina de Facebook da San Silvestre de Pontevedra, onde está colgada toda a información e poden resolverse todas as dúbidas e consultas. A recollida de dorsais será na Casa da Luz (praza da Verdura) ata o día 31 pola mañá. Xa só os corredores de fóra de Pontevedra poderán retirar o dorsal pola tarde na zona de Meta.

Aínda que a San Silvestre mantén o seu carácter gratuíto, os participantes poderán doar voluntariamente un euro para paliar a perda de ingresos derivada da retirada do patrocinio por parte dunha entidade bancaria.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 17.06.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 10.12.2014 polo Concello de Pontevedra.