Actualízate

16 de Xullo de 2019Pontevedra

A residencia da ONCE, o grande centro cívico da Pontevedra Sur

28 de Febreiro de 2014

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores presentou onte o proxecto do gran centro cívico do que o Concello de Pontevedra pretende dotar o barrio sur da cidade, unha dotación para un barrio que historicamente reclamou un espazo de encontro veciñal e que virá a complementar de xeito moi acaído todas as obras de mellora que se farán neste ámbito da cidade vinculadas, moitas delas, ao desdobramento da avenida de Vigo.

A residencia da ONCE será este centro cívico onde xa están comprometidos espazos para as asociacións Salcedo-Norte e para Amigos de Campolongo, pero tamén se manterán conversas co resto de asociacións veciñais da zona, e mantéñense conversas con outras entidades para tratar de ocupar ao cento por cen o edificio de titularidade municipal en virtude asinado hai uns anos coa ONCE.

O edificio consta de sete plantas repartidas en soto, semi soto, baixo, e catro plantas superiores. Arredor de 5.000 metros cadrados.

Neste ano de importantes temporais, o edificio pechado desde a súa construcción (nunca foi empregado), sufriu moi importantemente este inverno de tal xeito que é preciso facer un investimento de 172.000 euros para arranxar a súa estanqueidade (tellado, baixantes, pintura).

As obras, que se executarán con carácter de urxencia, comezarán a vindeira semana.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 16.07.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.02.2014 polo Concello de Pontevedra.