Actualízate

19 de Marzo de 2019Pontevedra

A gastronomía de Pontevedra desembarca en FITUR cunha presentación dirixida aos profesionais do turismo español

23 de Xaneiro de 2015

A oferta turística de Pontevedra se singularizará en FITUR 2015. A Concellería de Turismo presentou hoxe a estratexia da cidade para poñer en valor o potencial gastronómico pontevedrés. Unha gala cos gañadores do concurso PontedeTapas, dirixida a profesionais do sector, grandes empresas e personalidades do mundo do cine, será o reclamo da Capital das Rías Baixas na gran feira do turismo español.

A concelleira Carlota Román anunciou que, ademais da presencia física e convencional nas naves do Ifema de Madrid, era necesario artellar unha campaña identificadora da nosa cidade. Optouse por un formato distinto, saíndo do recinto do Ifema, e organizar así esta gala na terraza (“The Roof”) do hotel ME Meliá. A cita é a partir das 20.30 horas do próximo xoves, día 22.

A responsable municipal explicou que a gastronomía pontevedresa xa foi promocionada nun recente acto en Barcelona, e agora chegou o momento deste “desembarco” en Madrid, aproveitando a presencia en FITUR dos grandes profesionais do sector: touroperadores, maioristas, axencias de viaxes, revistas especializadas, blogueiros nacionais e internacionais.

Carlota Román engadiu que ao acto están tamén invitados directivos de grandes empresas, así como personalidades do cine relacionadas con Galicia, o que explicou polas liñas de traballo da Concellería en materia de turismo de negocios e incentivos, así como a recente creación da Pontevedra Film Commission, para atraer á cidade a rodaxe de todo tipo de producións audiovisuais.

O acto incluirá a proxección dos vídeos de PontedeTapas e o da campaña Pontevedra es un amor, un traballo a cargo do produtor audiovisual Víctor Moreno, recentemente premiado pola Asociación de Profesionais da Fotografía de Europa. Haberá, finalmente, unha presentación a cargo de Carlota Román.

O Plan Estratéxico de Turismo de Pontevedra pon o énfase na promoción nas grandes cidades españolas situadas a menos de dúas horas de avión. Asemade, a gastronomía é un dos principais atractivos do destino Rías Baixas. Temos claro os obxectivos, afirmou a edil, e creo que tamén acertamos cunha presentación fresca e alternativa como esta, saíndo do que é habitual en FITUR.

Na presentación da campaña de Pontevedra na Feira Internacional do Turismo estivo presente a “delegación gastronómica” que será protagonista durante a gala do próximo xoves. Estará encabezada por Xoán Cannas (estrela Michelín), en representación do restaurante Pepe Vieira. Con el asistirán os cociñeiros do PontedeTapas: Iñaki Bretal (Loaira), Rubén González (El Cafetín), Juan José Barreiro (Taberna Zentola), Ángela Aldao (Casa Verdún) e Carlos Vidal (Cáncamo). Todos eles elaborarán as tapas gañadoras de PontedeTapas. O acto pecharase cos cócteles de Rubén Paz (PTV) e Jacobo Barragáns (Central).

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.03.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.01.2015 polo Concello de Pontevedra.