Actualízate

24 de Agosto de 2019Pontevedra

A escola de Lusquiños volve proxectar o documental Terra de Pastequeiros

24 de Maio de 2013

Debido ao éxito da proxección do documental Terra de Pastequeiros, a Concellaría de Patrimonio volve a proxectar mañá pola tarde, a partir das 20.30 horas no antigo preescolar de Lusquiños (Tomeza) este documental de Ana Lois.
A iniciativa está relacionada co desenvolvemento do Plan do patrimonio rural, que contempla unha liña de actuación relativa ao estudo e difusión do patrimonio inmaterial, nomeadamente o referido a crenzas, mitos, lendas e saberes tradicionais.
No concello de Pontevedra existe unha enorme riqueza de tradicións e saberes curativos que forman parte da "medicina popular galega"; estas prácticas son especialmente ricas na zona de Tomeza, nas que pervive a tradición dos pastequeiros. O pastequeiros son curandeiros coñecidos con este nome porque utilizan a fórmula latina PAX TECUM (a paz contigo).
Terra de Pastequeiros é un traballo documental de Ana Lois sobre as tradicións máxico-relixiosas do val de Tomeza. Pretende recoller tódolos rituais de sanación que seguen utilizándose na zona e tamén aqueles que se abandonaron hai tempo pero que aínda se conservan na memoria dos máis maiores.
O documental recolle as tradicións máxicas vencelladas ao San Cibrán, como curaban os pastequeiros, a verdadeira historia do Manso (o pastequeiro máis famoso dos que houbo en Tomeza), como se usan os licornios nesta parroquia e outros moitos remedios para enfermidades como o codo ou o mal de ollo.
Esta presentación pretende achegarlles aos veciños de Tomeza un traballo que seguirá desenvolvéndose ata ter unha recopilación exhaustiva de tódolos remedios da chamada medicina popular.
Terra de Pastequeiros está financiado polo Concello de Pontevedra e forma parte dun proxecto máis amplo que se desenvolve en toda Galicia e que se difunde a través da web na páxina www.palabrassecretas.com.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 24.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 27.05.2013 polo Concello de Pontevedra.