Actualízate

15 de Agosto de 2018Pontevedra

A Concellería de Urbanismo inicia unha campaña de mellora de espazos destinados a aparcamento dos veciños

10 de Decembro de 2014

A Concellería de Urbanismo, que dirixe Antón Louro, acometerá durante este mes de decembro o acondicionamento en superficie de catro espazos urbanos destinados a reforzar o parque de aparcamentos da cidade de Pontevedra. As obras contan cun orzamento xenérico de 60.000 euros.

As actuacións están focalizadas na rúa do Forno (calella sen saída en Campolongo, que enlaza coa avenida do Alcalde Hevia), a praza interior da avenida de Grecia (Monte Porreiro), a praza das Corvaceiras (fronte ao porto das Corvaceiras) e o cruzamento entre as rúas de Casimiro Gómez e Loureiro Crespo (antigo cuartel da Garda Civil).

As catro actuacións supoñen actuar sobre unha superficie duns 3.000 metros cadrados, que pasarán a contar cunha superficie totalmente acondicionada, con capacidade para acoller máis dun centenar de vehículos. Ademais teñen en común que todas responden a peticións veciñais e/ou dos empresarios asentados nos distintos espazos.

No caso da rúa do Forno, os veciños laiáronse de que esta zona estaba sen urbanizar, convertida nunha lameira e chea de fochancas. A pesar diso funciona como aparcamento habitual para os veciños da zona. A rúa, prevista no Plan Xeral como unha conexión coa avenida de Vigo, sofría un importante abandono que queda agora solucionado. Nestes días comezouse o tratamento previo da superficie con vistas ao asfaltado final. Os case 1.000 metros cadrados estarán completamente acondicionados en poucos días.

As máquinas tamén procederán a mellorar o asfalto e pintar os espazos de aparcamento na avenida de Grecia (subida principal á rúa Alemaña). Trátase dunha praza a carón dos últimos edificios que veñen de construírse no barrio, e que precisaba dunha mellora e unha ordenación dos ocos de estacionamento. Quedan así acondicionados outros 900 metros cadrados.

No que atinxe á praza das Corbaceiras, destaca Louro, falamos doutra gran bolsa de aparcamento que dá servizo non só aos veciños desta zona do barrio da Moureira (onde moitos edificios carecen de garaxe), senón tamén aos establecementos comerciais da zona. A mellora cubrirá 1.200 metros cadrados.

Finalmente, o departamento que dirixe Antón Louro decidiu completar as obras que se están realizando no barrio de San Antoniño cun asfaltado integral do cruzamento entre Casimiro Gómez e a avenida de Loureiro Crespo, moi deteriorado polas recentes obras de instalación de tubos e cunha sinalización horizontal confusa. A obra incluirá o pintado dunha rotonda (sen obra, para facilitar o xiro de vehículos pesados) e consolidará o dobre carril de acceso cara o centro urbano, ata o entronque coa rúa de Antón Fraguas.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 15.08.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 10.12.2014 polo Concello de Pontevedra.